Responder ó comentario |
A fins da anterior semana, e como xa vén sendo habitual, os dous IES de Noia: O Virxe do Mar e O Sal Alberto remataron as clases e os exames de 2º de Bacharelato. Por esta razón, en días distintos, os dous centros celebraron a graduación do seu alumnado. Entre ese alumnado atópanse tamén compañeiros e compañeiras que saíron de aquí, do CPI Cernadas de Castro e que estudaron connosco dende Infantil ata 4º de ESO. Pois ben, dende Lousame queremos darvos os nosos parabéns; xa sabedes que, despois de tantos anos entre nós, acabades converténdovos nun anaquiño do centro. Estamos felices de que conseguirades rematar esta etapa con tanto éxito, pois un paxariño informounos que nesta promoción do 2014/2015, saída de aquí en xuño de 2013, houbo dúas Matriculas de Honra e varias notas cuxa media está entre o 9 e o10. Tamén nos informou ese paxariño que case todos e todas ides ir a selectivo e iso énchenos de felicidade. Dende logo, o traballo e o esforzo foi voso, pero o orgullo tamén é noso. Parabéns a todos e todas e grazas por formarvos así de ben. Non nos queda máis que desexarvos algo que xa sabemos de antemán que se vai cumprir: que a media de Selectividade sexa tan boa como a de Bacharelato. Mil bicos para todos e todas.
|
|||||||