Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25.

Están publicadas as listaxes  provisionais de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Primara e Secundaria.

Canles de información:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h.

Matrícula Educación Primaria

Documentación de matrícula para os cursos de Educación Primaria.

CURSO (prema para ver e descargar)

1º EP

2º EP

 

3º EP

4º EP

5º EP

 

6º EP

Matrícula Educación Infantil

Documentación de matrícula para os cursos de Educación Infantil.

CURSO (prema para ver e descargar)

4º Infantil (3 anos)

5º Infantil (4 anos)

 

6º Infantil (5 anos)

Matrícula ESO

Documentación de matrícula para os cursos de ESO

CURSO (prema para ver e descargar)

1º ESO

2º ESO

 

3º ESO

3º ESO PDC 

4º ESO

AS MINAS DE SAN FINS

 

Rematamos o curso cun acto que tivo lugar no noso centro o xoves 20 de xuño e que contou coa presenza do alumnado de 3º e 4º ESO que estiveron acompañados por algúns familiares, membros da corporación local ademais da presenza de Ana Estévez, responsable do festival MICE-Escola do Museo do Pobo Galego. 
O noso alumnado presentou os seus traballos que realizaron baixo a proposta e supervisión do departamento de Xeografía e Historia coa axuda da dirección do centro. 
Os alumnos e alumnas de 3º ESO explicaron o proceso de elaboración da reportaxe que fixeron sobre as minas de San Finx mentres que o alumnado de 4º fixo o propio sobre a peza audiovisual que exploraba a súa relación coas minas a través  memoria dos seus avós e avoas. 
O acto pechouse cunha rolda de intervencións nas que se comentaron posibles ideas de traballo para o próximo curso. 
Grazas ao Museo do Pobo e ao Concello de Lousame pola súa implicación neste proxecto que pretendía implicar ao alumnado no estudo do patrimonio local.

 

Premendo na imaxe pódese ver o vídeo elaborado polo alumnado de 4º ESO

 

 

 

 

 

VEXO VEO XACOBEO

Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia

 

O pasado venres 14 de xuño o grupo de 3º ESO participou  no Multiusos do Sar na cerimonia de entrega de premios do concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia. 
O traballo "San Finx, unha mina con moita historia" foi elexido como gañador de dito concurso na categoría pronvincial e nel o alumnado explorou a historia da mina así como a problemática ambiental presente. O xurado valorou o traballo e a investigación sobre a historia local realizada polo alumnado desde unha perspectiva interxeneracional. 

 Parabéns ao alumnado!

PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA

O venres 31 de maio de 2024 tivo lugar a entrega de premios ao alumnado participante na 29ª edición do Certame Literario Alberto Romasanta. Este certame organízase anualmente entre os Equipos de Dinamización Lingüística dos institutos públicos de Noia: o IES Virxe do Mar e o IES Campo de San Alberto; ademais o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro é centro convidado a participar no mesmo, ao igual co IES Poeta Añón de Outes.

Co certame búscase estimular a creatividade literaria en poesía e prosa e a expresión escrita en lingua galega entre a xente nova.
Nesta edición a participación acadou case un cento de textos, que foron preseleccionados polo profesorado coordinador. De todos eles acadaron a categoría de finalistas cincuenta textos de importante calidade, entre eles, oito pertencentes a alumnado do noso centro.

        Na modalidade B de poesía recibiron premio dúas alumnas de 2º ESO do noso centro, Noelia Fernández Rey, cun 2º premio e a súa compañeira, María García Grela, cun 3º premio.

        Parabéns a todos eles por ser finalistas e a estas dúas alumnas, especialmente, por estar entres os tres primeiros na categoría de poesía.

 

Distribuir contido