CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase de infantil B tamén nos sumamos á iniciativa de colocarnos un laciño violeta en sinal de protesta contra algo tan terrible como é a violencia que se exerce contra as mulleres.

Vimos un vídeo do conto de Adela Turín, titulado Arturo y Clementina, contado por Beatriz Montero.

Despois de ver o vídeo analizamos a actitude de Arturo, un dos protagonistas e chegamos á conclusión de que non nos gustaba que sempre lle dixera a Clementina, que era torpe e que non sabía facer nada.

Ana L. deixóunos abraiados a todos/as cando explicou: "Arturo no se portaba bien con Clementina porque siempre le estaba diciendo que era torpe y que no sabía hacer nada. Yo nunca permitiría que nadie me tratase así"