O xoves 1 e o venres 9 de xuño tiveron lugar no comedor escolar do noso centro as IV XORNADAS DE GASTRONOMÍA FRANCESA, organizadas polo alumnado de francés de 2º de ESO. Nesta ocasión poideron degustar os seguintes platos: Vichyssoise
Tartiflette Merlu à la crème d'aligot Omelette française au jambon Profiteroles Meringues
Como todos os anos, temos que destacar a excelente labor do Equipo de Cociña do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro pola súa excelente profesionalidade... C'était délicieux!! Esperamos as novas receitas para o vindeiro curso! |
|||