Listaxe provisional Fondo Solidario de libros de texto para alumnado ESO curso 2020/21

Publícanse as listaxes provisionais do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Secundaria Obrigatoria.

Pódense consultar da seguinte forma:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 14:00 h.

A entrega do vale de material entregarase a partir do 7 de setembro.