O pasado curso, levouse a cabo unha experiencia de lectura compartida, na aula de Infantil B. O seu título era "Porfa le connosco". Tratouse de que o grupo de nenas e nenos da aula, todos/as de 5 anos, organizaran unha actividade de dúas sesións de lectura semanais a cargo de diferentes lectores e lectoras de distintos ámbitos: familiar, escolar, literario... Foi unha experiencia estupenda na que todos poidemos gozar ben como lendo, ou escoitando as lecturas. A colaboración das familias dos nenos e nenas, así como a do persoal docente e non docente do colexio foi extraordinaria. Todas as sesións se gravaron e se editaron uns Dvds. Tamén se fixo un libro de visitas onde as persoas que viñeron ler poideron anotar como lles resultou esa experiencia. Para dar remate a todo o proceso contamos coa presenza na aula, do poeta Antonio García Teijeiro, con que poidemos gozar dunha inesquecible tarde de poesía compartida. Quero desde aquí dar as grazas a todas as persoas que participaron neste`proxecto porque sen elas sería imposible conseguir que fora premiado como "Experiencia de innovación educativa para o desenvolvemento das competencias básicas". A TODOS E A TODAS...
|
|||