O feito de ir por primeira vez á escola é un gran paso na historia dos nenos e nenas. Implica a saída do medio familiar e a incorporación a un medio descoñecido. Desta separación neno/a-familia e de como se resolvan estas primeiras experiencias, dependerá a visión que cada neno e nena se forme sobre o colexio e influirá na súa actitude cara a escola, incidirá no seu proceso de socialización e nas súas aprendizaxes. De ahí a gran importancia que ten a aplicación do período de adaptación.
|
|||||||