O PASADO 23 DE XUÑO AS FAMILIAS DE INFANTIL B, TANTO AS DA PROMOCION DESTE CURSO COMO MOITAS OUTRAS DOUTROS ANOS FIXÉRONME PASAR UNHA TARDE CHEA DE EMOCIÓNS, ABRAZOS DOS QUE QUITAN AS PENAS DA ALMA, E LEMBRANZAS COMPARTIDAS. OS 25 ANOS QUE LEVO NO CENTRO AO CARGO DESA AULA FOI O MOTIVO QUE ESCOLLERON PARA FACERME O MÁIS FERMOSO DOS AGASALLOS: UNHA FESTA SORPRESA ESTA EXPERIENCIA, PARA MIN INESQUECIBLE, FAIME SENTIR UNHA ENORME GRATITUDE E LÉVAME A PENSAR QUE DE VERDADE INFANTIL B É UNHA AULA QUE CRE NUN MODELO DE COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPATIVO ONDE OS VERDADEIROS PROTAGONISTAS SON AS NENAS E NENOS, QUE PRETENDE QUE APRENDAN A APRENDER, A CONVIVIR, A IDENTIFICAR, XESTIONAR E EXPRESAR O QUE SENTEN, NUN CLIMA DE SEGURIDADE E CONFIANZA NO QUE SE SINTEN FELICES UNICAMENTE ME QUEDA DAR AS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPARON NESTA EXPERIENCIA. REALMENTE NUNCA PENSEI QUE UNHA MESTRA DE INFANTIL, QUE O ÚNICO MÉRITO QUE TEN É QUE LLE ENTUSIASMA O SEU TRABALLO PUIDERA SENTIRSE TAN QUERIDA. PUBLICO ESTA FOTO PORQUE QUERO COMPARTILA CON TODAS E TODPS OS QUE VOS ACHEGUEDES Á PÁXINA DE INFANTIL B PERO TAMÉN PORQUE SERÁ A QUE GARDE NO SITIO DAS COUSAS ESPECIAIS. DE NOVO GRAZAS |
|||