Dinamización da Lingua Galega
CONTO DE SAMAÍN
Cando fomos á biblioteca tamén vimos este conto titulado: A pantasma da Illa de Cortegada. E como falaba de pantasmas e estamos no Samaín, pois para a nosa aula foi. Temos que dar a noraboa a Paula Carballeira, por que nos encantou este libro. A que non sabedes quen é Maruxa e Leonor? Pois teredes que ler o conto e ver este video. Nel veredes imaxes dos debuxos que fixemos dunha páxina do conto que nos gustou moito. E como somos uns artistazxs, nós atrevémonos con todo e desta volta somos "paulistas" (verbas do alumnado). Asique ollade o vídeo.
SAMAÍN EN 5º E 6º
Celebramos este Samaín con arrepiantes historias. Preme no enlace para escoitalas de man de moitos de nós.
ENLACE AOS VÍDEOS. ARREPENTIRASTE!!!!!
PASEO POLO CAMIÑO PRIMITIVO
O venres 16 de xuño o alumnado de secundaria do noso centro fixo un tramo do Camiño Primitivo,saímos do colexio e camiñamos ata a igrexa de Soutomerille ,onde xantamos.
Participou case a totalidade do alumnado,acompañado de vari@s profesor@s.