Dinamización da Lingua Galega
DÍA DE ROSALÍA EN E.I.
Estes días pasados nas aulas de E. Infantil recibimos a visita de Rosalía de Castro. Recitamos algúns dos seus poemas e escoitamos e bailamos aqueles musicados por varios/as autores/as ("Negra Sombra" e "Maio Longo")
DÍA DE ROSALÍA EN SEXTO DE INFANTIL
Traballamos o grafismo creativo coa flor preferida de Rosalía, o pensamento. Ademais fixemos un crebacabezas cunha imaxe dela, coa aplicación Jigsawplanet.
DÍA DA LINGUA MATERNA
Os nenos e nenas da aula das Curuxas de 3 anos de Infantil celebramos así o día da Lingua Materna. Son verbas que teñen un significado moi especial para nós e para as nosas familias.
TRABALLO SOBRE OS ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS
O alumnado de 1° ESO elaborou un traballo sobre o Entroido galego na clase de Lingua Galega e Literatura.
Procuraron información sobre os distintos personaxes do noso Entroido,dende os Peliqueiros de Laza, as Pantallas de Xinzo de Limia ou os Cigarróns de Verín ata outros menos coñecidos como os Vergalleiros de Sarreaus, o Entroido Ribeirao ou os Galos da Mezquita.
VER TRABALLOS
FACENDO O CAMIÑO PRIMITIVO
Despois de 2 anos de pandemia, conseguimos este curso facer un tramo do Camiño Primitivo, alumnado e profesorado de ESO, cun percorrido de 11 Km, dende a Fontaneira ata Castroverde, parando no Cádavo para tomar as dez, e xantar en Vilabade.
Foi unha experiencia moi bonita que intentaremos repetir para o próximo curso, continuando desde Castroverde ata Soutomerille.