CONTO DE SAMAÍN

Cando fomos á biblioteca tamén vimos este conto titulado: A pantasma da Illa de Cortegada. E como falaba de pantasmas e estamos no Samaín, pois para a nosa aula foi. Temos que dar a noraboa a Paula Carballeira, por que nos encantou este libro. A que non sabedes quen é Maruxa e Leonor? Pois teredes que ler o conto e ver este video.  Nel veredes imaxes dos debuxos que fixemos dunha páxina do conto que nos gustou moito. E como somos uns artistazxs, nós atrevémonos con todo e desta volta  somos "paulistas" (verbas do alumnado). Asique ollade o vídeo.