Terceiro Ciclo

Colaboramos coa fundación Meniños

01/07/2024
Europe/Madrid

No CPI Castro Baxoi estamos comprometidos coa educación afectivo-sexual do noso alumnado. Por iso temos colaborado durante este curso 2023/2024 coa Fundación Meniños e o seu proxecto "Colexio do Benquerer".

Podedes ver máis información no banner da parte dereita da nosa páxina web

O alumnado do Castro Baxoi participa na limpeza da praia de Miño

25/05/2023 19:16
Europe/Madrid

As pasadas semanas o alumnado de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi participou nunha actividade co obxectivo de potenciar a concienciación sobre o coidado do medio.

Durante a primeira das sesións, o alumnado desprazouse á praia grande de Miño, onde fixeron unha batida organizada para recoller todo o lixo inorgánico que se acumula no noso areal. Este lixo provén xeralmente da actividade pesqueira e dos usuarios dos areais.

Despois desta recollida, realizamos no centro unha segunda actividade que consistiu no estudo e clasificación do lixo atopado, así como un debate e unha reflexión sobre o refugallo, como reducilo, como evitar que acabe en espazos protexidos...

Queremos tamén agradecer a Paco a súa disposición cos nosos nenos e nenas.

Día da muller a nena na ciencia

O pasado 11 de febreiro o alumnado de 6º recibiu unha charla có gallo do Día da muller e da nena na ciencia.

dia da mulle e da nena na ciencia

Vudú en concerto

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria, e máis xs alumnxs 2º,3º e 4º de ESO poidemos desfrutar da mellor música ao vivo da man de Vudú. Este dúo formado por Belem Tajes (teclado e voz) e a miñense Maritxiña (baixo electrico) achegáronnos cunha incrible sensibilidade e mestría a súa proposta musical na que recollen cantigas da nosa tradición oral e lle dan unha "volta", arroupándoas con outras sonoridades traídas do blues, soul, jazz, funk, etc.

Distribuir contido