Ed. Musical

Concerto de 3º e 4º de EP

Que mellor xeito de contar como foi o concerto co dúa Camaño Ameixeiras para 3º e 4º de EP! Elxs mesmxs nos achegan as reportaxes sobre o concerto que realizaron para a asignatura de lingua Castelá.

 

 

Pulpiño Viascón e os seus instrumentos Máxicos

Hoxe @s cativ@s de 1º e 2º curso de primaria desfrutamos enormemente da compaña do fabuloso Pulpiño Viascón e dos seus Instrumentos máxicos. Estamos moi agradecid@s porque hoxe descubrimos un montón de instrumentos sorprendentes e pouco habituais sen deixar de divertirnos en ningún momento: vimos como se pode facer música cun serrucho, reciclaxe sonora cunha videconsola antiga, etc.

Vudú en concerto

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de primaria, e máis xs alumnxs 2º,3º e 4º de ESO poidemos desfrutar da mellor música ao vivo da man de Vudú. Este dúo formado por Belem Tajes (teclado e voz) e a miñense Maritxiña (baixo electrico) achegáronnos cunha incrible sensibilidade e mestría a súa proposta musical na que recollen cantigas da nosa tradición oral e lle dan unha "volta", arroupándoas con outras sonoridades traídas do blues, soul, jazz, funk, etc.

Concerto didáctico para 1º e 2º de EP

Este Xoves 1 de Marzo rematamos o noso programa de concertos na escola cunha proposta que de seguro lles ha encantar aos cativos e cativas de 1º e 2º de primaria. Baixo o título de "Músicas para Peto", o sempre creativo e imaxinativo Ariel Ninas amosarálles aos nenos unha forma de vida posible en torno a música. Existe un mundo inmensamente rico de instrumentos e pequenos artellos sonoros que, coa única premisa de lograr coller no pequeno espacio que ocupa un peto, xa poden viaxar canda nós a calquera sitio. Con eles podemos facer música e divertirnos en calquera lugar e momento, sen necesidade de ser músicos profesionais nin estar en grandes escenarios. Existe mellor maneira de endulzar a vida?

Musicas para peto from Ariel Ninas on Vimeo.

Concerto para 3º e 4º de EP

Vindeiro Luns 26 teremos unha nova entrega dos nosos concertos na escola.Desta serán os nosos alumnose alumnas de 3º e 4º de primaria os que poderán desfrutar dun espectáculo musical e sensorial moi especial que lle temos preparados. Baixo o nome de "Os Monifates", estes dous enxeñosos músicos serán quenes de rememorar aqueles xa case esquecidos espectáculos a pé de rúa onde títeres, tiruleques danzantes e todo tipo de espectáculos circenses, facían as delicias dos máis cativos ao mesmo tempo que se sucedían músicas, contos e cantigas e toda unha explosión de imaxinación e frescura. 

Concerto para alumnos de Infantil

Volve ao cole o noso home orquestra favorito; desta para cantar e brincar cos máis cativos. O inimitable Ce Orquestra Pantasma dará un concerto para os alumnos e alumnas de Infantil o vindeiro martes 14 de Novembro. Con el a festa e a ledicia estarán garantizadas.

Se queredes coñecer máis de el:

http://www.ceorquestrapantasma.com/

Concerto para alumnos de 5º e 6º de EP

Comezamos a nosa programación de concertos educativos deste curso cunha grande nova. Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EP poderán desfrutar do concerto a cargo do coñecido, aclamado e incluso televisivo músico especializado en instrumentos de vento Xavi Lozano. Coa súa propósta didáctica titulada "Tubos do Mundo", Xavi propón aos cativos unha apaixoante e sorprendente aventura sobre como reutilizar materiais de refugallo aproveitando as súas posibilidades sonoras para facer música.

O concerto terá lugar o vindeiro venres 10 de Novembro no auditorio da biblioteca municipal. Será unha experiencia vibrante, chea de creatividade e estímulos para os nosos sentidos.

Páxina oficial de Xavi Lozano e Tubos do Mundo:

http://xavibufa.com/tubs_del_mon.html

 

Distribuir contido