Días non lectivos curso 2023/2024

Na reunión do Consello Escolar do CPI Castro Baxoi celebrada o pasado 8 de setembro, acordouse solicitar como días non lectivos propios do centro as seguintes datas:

13 de outubro de 2023, venres

20 de maio de 2024, luns

Horario de atención ás familias do 17 ao 24 de xullo

13/07/2023 08:38
Europe/Madrid

 

 

Estimadas familias:

 

O noso centro terá como horario de atención ao público durante os días do 17 ao 24 de xullo o seguinte:

 

10:00h - 12:00h

 

Despois do día 24 de xullo atenderase telemáticamente.

 

Moitas grazas e feliz verán.

Libros de texto e material escolar 2023/2024 actualizado

Consulte o material e os libros de texto para o curso 2023-2024 premendo aquí.

Período de reclamacións ESO curso 2023-2024

Unha vez publicadas as cualificacións do alumnado, o prazo de reclamacións ás cualificacións finais e decisións de promoción ou titulación remata o día 27 de xuño ás 14:00. 

PROMOCIÓN 2020-2023

21/06/2023 17:27
Europe/Madrid

Resumimos a vosa peregrinación por infantil nestes vídeos feitos con moito agarimo:

GRUPO A:

 GRUPO B:

...e como bos peregrinos, rematades un camiño para aventurarvos noutro. Así pois,

BO CAMIÑO!!!

GRUPO A:

 GRUPO B:

 

Esperamos que sigades conservando ese inxenio, imaxinación e espontaneidade.

Moita sorte no camiño que vos queda por percorrer.

Botarémosvos de menos.

 

 GRUPO A:

 GRUPO B:

BIQUIÑOS!!!

e PARABÉNS polos vosos traballos nesta etapa.

ARTISTAS!!!

O alumnado do Castro Baxoi participa na limpeza da praia de Miño

25/05/2023 19:16
Europe/Madrid

As pasadas semanas o alumnado de 5º e 6º de primaria do Castro Baxoi participou nunha actividade co obxectivo de potenciar a concienciación sobre o coidado do medio.

Durante a primeira das sesións, o alumnado desprazouse á praia grande de Miño, onde fixeron unha batida organizada para recoller todo o lixo inorgánico que se acumula no noso areal. Este lixo provén xeralmente da actividade pesqueira e dos usuarios dos areais.

Despois desta recollida, realizamos no centro unha segunda actividade que consistiu no estudo e clasificación do lixo atopado, así como un debate e unha reflexión sobre o refugallo, como reducilo, como evitar que acabe en espazos protexidos...

Queremos tamén agradecer a Paco a súa disposición cos nosos nenos e nenas.

Fondo solidario, axuda para libros de texto e material escolar

O pasado venres publicouse no DOG a orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O prazo de solicitude é ata o 21 de xuño, na sede electrónica ou na secretaría do centro.

Pode consultar a orde premendo na seguinte ligazón.

Pode descargar os anexos I e II na seguinte ligazón.

No noso centro establecemos as seguintes datas para as publicacións:

- Resolución provisional: 4 de xullo: publicada no interior da vidreira do centro. Reclamacións ata o día 7 de xullo.

- Resolución definitiva: 7 de xullo. publicada no interior da vidreira do centro.

Festival da Francofonía en Vilanova de Arousa

15/05/2023
Europe/Madrid

O alumnado de Francés de 2º e 3º da ESO participou o día 9 de maio no Festival da Francofonía en Vilanova de Arousa. Alí interpretaron cancións en francés e compartiron a xornada con outros centros educativos de Galicia.

 

La Voz de Galicia realizou unha reportaxe fotográfica onde podedes ver ao noso alumnado:

 

https://www.lavozdegalicia.es/album/arousa/vilanova-de-arousa/2023/05/09/festival-francofonia-vilanova/01101683636696864357523.htm

Distribuir contido