Xornadas de prevención do uso prexudicial da internet e redes socias

A ANPA do noso centro organiza estas xornadas con charlas para o alumnado de 5º de Educación Primaria ata 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e para as familias.

 

 

 

I MIÑO MILLA POLA PAZ

18/01/2024
Europe/Madrid

Co gaio do día da Paz, o vindeiro martes 30 de xaneiro, desde o CPI Castro Baxoi queremos convidar as familias a participar na I Miño Milla pola Paz.


Este día o noso alumnado acudirá ao Centro no horario normal e baixarán a rúa Estremeiro co profesorado, onde estará disposta toda a infraestrutura para levar a cabo a actividade.


Cando cheguen deixarán o alimento non perecedoiro que traían como “inscrición” nas mesas habilitadas a tal efecto e recollerán o dorsal para a carreira, a continuación esperarán a súa quenda onde lle digan as organizadoras/os.


A actividade contará con 4 carreiras organizadas por idades, do seguinte xeito:
Tendo en conta que unha milla son 1608 metros, o que equivale a 268mx6 largos da rúa Extremeiro, segundo estará acotada, as carreiras serán:


Infantil → ½ volta (1 largo = 268m)
1º a 3º Primaria → 1 volta (2 largos = 536m)
4º a 6º Primaria → 2 voltas (4 largos = 1072m)
ESO/ Profesorado/Familias → 3 voltas (6 largos = 1608m)


Estas carreiras serán secuenciais, é dicir, unha despois de outra para evitar accidentes. Mentres non toque facer a nosa carreira, esperamos na zona indicada polos organizadores/as, e unha vez rematada a nosa proba, recolleremos o diploma, a medalla e o avituallamento doado polas empresas colaboradoras. E acudiremos a zona indicada para ver o resto de probas.


Esta actividade estará aberta as familias do alumnado que queiran participar, que o farán no formato do alumnado da ESO, e para facelo tan só terán que traer un alimento non perecedoiro como “inscripción”. Animámosvos a participar!!!


A duración da actividade a marcará o ritmo das probas, pero remataremos no horario do Centro.


Para esta actividade contamos coa colaboración da ANPA, do Concello, Policía Local, Protección Civil, Eroski, Gadis, Día (Miño) e Clube de Atletismo Paula Mayobre.

 

Receitas de Outono

22/11/2023 16:07
Europe/Madrid

Boas!! Xa temos o libro de receitas de outono listo, quentiño recen saído do forno...agora toca probar a facer as receitas na casa!! Que aproveite!!

 


E aquí podedes descargar o libro en pdf:: fai CLICK

Ciencia no Baxoi!

 

Ola! Somos o alumnado e profesorado do CPI Castro Baxoi, que este ano decidimos comezar a andadura dun Club de Ciencias. A través da web do centro e das nosas redes sociais compartiremos con vós cada experimento e cada nova aprendizaxe.

E aquí estamos, precisamente, unha representación do alumnado de secundaria pertencente ao Club, redactando estes contidos. Agardamos que sexan do voso interese Sorriso

Benvidos e benvidas! 

Ioga na escola 2023-2024

Esta semana comezamos a actividade "Ioga na escola", financiado pola ANPA do noso centro e dirixido ao alumnado de Educación Primaria.

Podedes consultar o calendario na seguinte ligazón.

O Castro Baxoi canta

05/10/2023 12:10
Europe/Madrid

O EDLG e o departamento de Música poñen en marcha a actividade "O Castro Baxoi canta".

Con esta actividade, pretendemos dar a coñecer e difundir a nosa música.

Este mes de outubro presentamos "O rap do magosto" e "No samaín".

Programación xeral anual 2023-2024

Documentos 1, 2 e 3 (Plan anual, Horario xeral do centro e Organización dos servizos complementarios)

Documento 5 (Programa anual de actividades complementarias e extraescolares)

Documento 6 (Plan anual actividades potenciación da lingua galega)

Documento 7 (Programa de formación de profesorado do centro)

Documento 8 (Outros programas específicos nos que participe o centro)

Resumo proxecto ComunicArte

O proxecto ComunicArte está a desenvolverse co alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria durante este primeiro trimestre do curso 2023-2024.

Pode consultar un resumo do mesmo premendo aquí.

Distribuir contido