Eventos - Filtro:

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Septembro 9, 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
9
10
all day

A comunidade do CPI Castro Baxoi quere darvos a benvida ao curso 2024/2025.

Agardamos que este novo curso estea cheo de aprendizaxes e bos momentos.

Recordámosvos que as clases comezan o mércores, 11 de setembro, no horario habitual, de 9:00h a 14:00h para infantil e primaria e, ademais, para a ESO, de 16:10 a 17:50h.

 

11
12
13
all day

O pasado Martes 19 de marzo, dentro dun proxecto de sensibilización na área de Educación Física, tivemos a sorte de poder contar con Pucho Boedo, judoka con discapacidade visual e con experiencia en diferentes campionatos así como Xogos Olímpicos, e falounos de como se pode facer judo cunha discapacidade visual: unhas pautas básicas e unha sesión práctica.

all day

O Mércores 20 de marzo, dentro dun proxecto de sensibilización na área de Educación
Física, visitounos o Centro de Promoción e Autonomía Persoal de Bergondo, explicaronnos un pouco cómo traballan e pudimos xogar con eles a Baloncesto en cadeiras de rodas, Boccia e uso de cadeiras de rodas nun circuito de habilidades. Foi unha gran experiencia e permitiunos vivenciar diferentes situacións, e poñernos na pel doutras realidades.

all day

Dentro dun proxecto de sensibilización na área de Educación Física, comenzamos a unidade poñendo o noso alumnado, en situacións de deficiencia visual, auditiva, motora…como punto de partida a un traballo que desenvolveríamos a continuación nas clases.

all day

O Xoves 21 de marzo, dentro dun proxecto de sensibilización na área de Educación Física, coñecemos grazas a ONCE un deporte olímpico como é o goalball, explicaronnos un pouco as normas e mecánica do xogo para logo vivir unha situación de xogo real, e comprobamos que non é tan doado como podemos pensar.

14
15
Distribuir contido