Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 10, 2016
Start: 10/05/2016 18:15

OS ALUMNOS DE 4º DE ESO VISITAMOS O MUSEO DE BELLAS ARTES DE CORUÑA...

 

Sábado Maio 14, 2016
Start: 14/05/2016 16:42

 

O CPI Castro Baxoi foi seleccionado entre máis de 120 centros de toda Galicia para participar no proxecto ESCORNABOTS de Bibliotecas Escolares . Catro mini-robots estarán á disposición da comunicade escolar na biblioteca do Centro para iniciar aos alumnos de Infantil e Primaria na linguaxe de programación e axudarlles a mellorar as súas competencias. Para que os escornabots nos axuden a aprender teremos que coñecer ben como guialos, así que imos ter que pensar, expresarnos, intercambiar opinións, decidir, colaborar.. e tamén divertirnos. Neste final de curso traballaremos sobre as propostas de actividades e no vindeiro o noso cuarteto de escornabots camiñará connosco ata onde nós queiramos.

 

Escornabot

 

 

 

Mércores Maio 18, 2016
Start: 18/05/2016 19:35

Begoña e mais eu, Flor, tivemos unha convivencia inolvidable cos nosos alumnos de 3º de ESO, ao tempo que coñeciamos inesquecibles paisaxes da nosa terra: a fervenza do Toxa, o mosteiro de Carboeiro e as illas de Gres.

Non o esqueceremos...

 

Xoves Maio 26, 2016
Start: 26/05/2016 15:23

Celebramos a finalización dun ano de traballo compartido arredor da lectura cunha visita ao Balneario de Mondariz para coñecer mellor un dos aspectos sanitarios, lúdicos e sociais máis destacables do século XIX en Galicia. O mundo en revolución foi o  tema que propuxo a Biblioteca este curso como centro de interese e estudo e o Club de Lectura Salicornia quixo mergullarse nesta etapa histórica coa lectura de varias obras literarias e a investigación sobre a importancia da cultura termal.

Pero tamén quixemos experimetar e alá fomos. Explicáronnos como era a vida no Balneario de Mondariz no século XIX e tamén o que podamos atopar hoxe alí... Asegurámosvos que é una auténtico pracer probar a auga da fonte da Gándara, que tantos beneficios aporta ao noso corpo por dentro, e tamén a auga do spa, que tan relaxadiños nos deixou.

Á beira do río comemos, lemos textos de escritores do XIX que disfrutaron das ledicias do balneario e escribimos micro-relatos.

Unha xornada ben completa!

Distribuir contido