O CLUB DE LECTURA SALICORNIA NO BALNEARIO DE MONDARIZ

26/05/2016 15:23
Europe/Madrid

Celebramos a finalización dun ano de traballo compartido arredor da lectura cunha visita ao Balneario de Mondariz para coñecer mellor un dos aspectos sanitarios, lúdicos e sociais máis destacables do século XIX en Galicia. O mundo en revolución foi o  tema que propuxo a Biblioteca este curso como centro de interese e estudo e o Club de Lectura Salicornia quixo mergullarse nesta etapa histórica coa lectura de varias obras literarias e a investigación sobre a importancia da cultura termal.

Pero tamén quixemos experimetar e alá fomos. Explicáronnos como era a vida no Balneario de Mondariz no século XIX e tamén o que podamos atopar hoxe alí... Asegurámosvos que é una auténtico pracer probar a auga da fonte da Gándara, que tantos beneficios aporta ao noso corpo por dentro, e tamén a auga do spa, que tan relaxadiños nos deixou.

Á beira do río comemos, lemos textos de escritores do XIX que disfrutaron das ledicias do balneario e escribimos micro-relatos.

Unha xornada ben completa!