O pasado decembro celebramos o bicentenario da publicación da novela creadora da ciencia-ficción: "Frankenstein", de Mary Shelley. A exhibición acolleu tanto edicións diversas da célebre obra como material sobre a súa autora.
O pasado decembro a nosa coordinadora do equipo da biblioteca foi convidada ás Xornadas de Bibliotecas Escolares para falar da dinamización da nosa biblio. Foi unha oportunidade para dar a coñecer a outros profesores e traballadores das bibliotecas as actividades de dinamización que facemos!
O pasado mes de novembro estreamos un novo punto de lectura fácil ("Lectura con xeito") na nosa biblioteca, ao que estamos engadindo libros pouco a pouco. Crear espazos inclusivos na biblio é un dos obxectivos do noso equipo este curso!
En novembro celebramos o mes da ciencia en galego. Para iso, preparamos unha exposición de pioneiras nas ciencias ben visible, colocada no alto das escaleiras do noso edificio. A performance das rapazas de Artes Escénicas e Danza (véxase a súa sección dentro de CLIL) tamén se inserta nesta celebración. Vivan as ciencias en galego!
Estes catro relatos (con debuxo incluído) foron os gañadores do certame de contos de terror convocado para celebrar o Samaín 2018, no cal participou o alumnado de secundaria e parte do de primaria. Non faltaron as sensacións arrepiantes nestes imaxinativos relatos... Parabéns aos gañadores!
Co fin de celebrar o Samaín o próximo 31 de outubro, convocamos un certame de debuxo e microrrelato para que vos lancedes a facer unha ilustración e un brevísimo conto (de entre 50 e 100 palabras) relacionado con aquela. O obxectivo é que tanto o debuxo coma o conto nos provoque arrrrrrrrrrrepío! Podédelo facer en calquera lingua das empregadas no noso centro: galego, castelán, francés ou inglés. Atrévete a crear intriga, suspense, pavor...
Atención: a biblio do Cabo da Area amplía a difusión das súas actividades con presenza nunha nova rede social: Instagram! Así, estará presente ao longo deste 2018-2019 tanto en Twitter coma en Instagram! Síguenos!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »