Skip to Content


A biblioteca foi un dos espazos que acolleron os talleres de robótica impartidos polo alumnado do IES de Ortigueira: robots Lego, domótica, arduino, drons... Premendo sobre a imaxe podes ver máis fotos.



Xa temos colgada a exposición das Letras Galegas 2018.

E tamén as planas de banda deseñada sobre a biografía de María Victoria Moreno para o concurso. Xa pasaches a velas? Rat non quixo perdelo e xa andou por alí esta mañá...

Podes ver tamén a adaptación a banda deseñada do conto de María Victoria Moreno "O Grumete" que fixo o alumnado de 1°A

 E na parede de fóra o graffitti de María Victoria Moreno



Lía Devesa Oróns, de 3º da ESO, foi a gañadora do concurso de logotipos para a nosa radio, que como xa sabedes, leva o nome da nosa querida mascota RAT.

 



Aquí tedes o enlace ao formulario para a avaliación. Grazas por participar, xa sabedes que a vosa opinión é moi importante.

https://goo.gl/forms/AQNXgpSHLzUsTtkx1

 



Pinchando nesta ligazón accederás ao formulario para a avaliación anual. Lembra que a participación é primordial. Grazas!

https://goo.gl/forms/lUiY8kDf3ZS2cSn82

 



Encantados e encantadas quedamos tras a visita de Ledicia Costas, que nos falou do proceso creativo das súas obras e compartiu impresións cos lectores e lectoras, dedicoulles exemplares, deulles consellos para comezar no mundo literario...

O voluntariado de biblioteca de 1 ESO, ademais de presentala, entrevistouna en Radio Rat para o seu programa Biblionovas do voluntariado.

Premendo na foto inferior podes ver máis imaxes da actividade.



Dentro do programa do MEC "Leer da vidas extra", polo que os autores e autoras visitan centros de Secundaria, Ledicia Costas estará mañá cos seus lectores e lectoras do CPI P. Cabo da Area.

Acompañarannos tamén algúns dos alumnos e alumnas do CPI As Revoltas.

Distribuir contido


by Dr. Radut