Skip to Content


Xa tes na entrada da biblioteca a exposición de obras recomendadas polo Club de lectura Libros ao Cabo que tratan a temática LGTBI



Yéssica Veloso de 3°ESO A agasallounos con esta preciosidade de BD que adapta o texto de María Victoria Moreno.



Hoxe acompañounos no noso paseo virtual polo madrileño Barrio de las Letras Noelia Iglesias, doutora en literatura e especialista na no teatro do Século de Ouro.

https://youtu.be/mo3_uGPFNIE

Propúxonos películas e a lectura dalgúns sonetos de temática amorosa e conversou con nós sobre o Madrid da época de Lope de Vega, un dos personaxes da novela de Rosa Huertas que estabamos a comentar.

Tróuxonos tamén unha copia dun rueiro da época co que puidemos ver que prazas e rúas conservan o mesmo nome e cales foron rebautizadas.

 



Recomendámosche a nosa exposición "Os Océanos" que xa podes ver fronte á Secretaría do centro, xunto á exposición fotográfica sobre o Prestige, e coa que queremos conmemorar esta efeméride da que poderás saber máis abrindo o ollo de boi.

http://www.un.org/es/events/oceansday/

Achégate a visitala e poderás ver expostos nela os fondos da biblioteca (os oceánicos non, os documentais) relativos a esa temática: novela, poesía, BD, guías de natureza, documentais, filmes, etc...

E a fermosa decoración creada polo equipo para esta ocasión que significa tanto nun centro como o noso, situado ao pé do Atlántico.



O alumnado de 1º ESO A adaptou este contiño da autora homenaxeada polas Letras galegas este ano: Mª Victoria Moreno; que transcorre nunha pequena illa alumeada por un faro.

Tras facer unha chuvia de ideas e un guión previo en común, fixeron cada un/ha unha viñeta para compor colectivamente este cómic en dúas planas xigantes que podes ver na entrada do centro, xunto á exposición sobre a autora.



Os traballos presentados ao concurso de BD sobre a biografía de María Vitoria Moreno foron marabillosos e as votacións estiveron moi axustadas. Pero, finalmente, estes foron os que resultaron premiados.

En primaria Antía, de 4°A

No primeiro ciclo de ESO, Lucía de 1°A

No segundo ciclo de ESO, Óscar e Estéfano de 3°A

Ademais dos premiados, todo o alumnado asistente ao acto de conmemoración recibiu "un lapis para escribir a súa propia historia de amor co galego".

Distribuir contido


by Dr. Radut