Skip to Content


A través dunha doazón e por intermediación das Maxestades de Oriente, recibimos este moble para as exposicións da biblioteca! Estamos desexando estrealo!



A rapazada de secundaria, xunto con 4º, 5º e 6º de primaria, xogaron a unha xincana adicada a "Frankenstein" o pasado 21 de decembro. Foi todo un reto que superou un só equipo composto de rapaces e rapazas espilidos coma allos!



Uxía Toja (de 3ºESO) e Santi González (de 1ºESO) foron os gañadores do certame convocado en decembro para atopar un eslogan e unha icona axeitada para o noso recén creado Club de Ciencias! Parabéns aos dous!



A maleta de matemáticas chegada dende a Asesoría de Bibliotecas permitiu que o noso alumnado lera alomenos un libro sobre esta materia ao longo do Nadal.



Xa chegou o Nadal á nosa biblioteca! Así nolo recorda a decoración :)  Xa vén aí un ano novo que estrear...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut