"Sé genial en Internet" é unha iniciativa que nace da man de Google, Policía Nacional, Instituto Nacional de Ciberseguridade e Fad, para enseñar aos nenos e nenas bos hábitos no entorno dixital. Trátase dun proxecto que ofrece un conxunto de recursos a familias e a educadores para enseñar a facer un uso responsable de Internet. Os contidos de dito programa articúlanse en torno a estes cinco principios básicos:
- Comparte con coidado: Sé intelixente en Internet.
- Non caias en trampas: Mantente alerta en Internet.
- Protexe os teus secretos: Mantente seguro en Internet.
- Ser amable é xenial: Sé amable en Internet.
- Se tes dúbidas, pregunta: Sé valente en Internet.
No caso das familias, destacan recursos como os seguintes: unha guía con consellos para ser xenial en Internet e outra sobre o benestar dixital para familias. Podedes descargalas premendo nas imaxes.
Pero sen dúbida, a estrela desta iniciativa é INTERLAND, unha experiencia lúdico interactiva que se articula en torno a catro minixogos nos cales os nenos e nenas poderán poñer en práctica as habilidades necesarias para ser bos cidadáns dixitais e para axudar a outros a combatir o mal comportamento de hackers, suplantadores de identidades ou ciberacosadores. Este xogo está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 10 anos pero seguro que resulta entretido tamén para outras idades.
Se queredes descurbir máis información sobre esta iniciativa, visitade a páxina do proxecto premendo no seguinte ENLACE.