Skip to Content

Traballamos o fonema /R/

Hoxe compartimos con vós un novo documento elaborado polo mestre especialista en Audición e Linguaxe do noso centro. Trátase dunha guía con recomendacións para corrixir o rotacismo, é dicir, alteracións na pronuncia do fonema /R/. Aínda que moitas das actividades que contén este documento poden resultar entretidas e útiles para calquera neno ou nena, están especialmente indicadas para aqueles que presentan este tipo de dificultades. 

Agora que estamos na casa, pode ser un momento estupendo para traballar a nosa fala e mellorar a nosa pronunciación, polo que vos animamos a consultar as actividades que hoxe vos presentamos! Ademais, seguro que xa estades familizarizados e familiarizadas con elas e que vos recordan as clases co profe Iago, polo que vos será máis doado poñelas en práctica!

Clicade na imaxe para acceder ao documento en PDF

 

 

 



page | by Dr. Radut