A Universidade da Coruña organiza para os días 23 e 24 de abril unhas xornadas de portas aberas virtuais para darse a coñecer a todos aqueles alumnos/as e familias que estean interesados en saber máis sobre a propia universidade e os estudos que ofertan. O horario será de 9:30 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
Ademais de obter información sobre toda a oferta de titulacións para o curso 2020/2021, tamén poderás coñecer outros servizos que ofrece a Universidade relacionados coa cultura, o deporte, o voluntariado, a titoría e orientación, a atención á diversidade, o medioambiente, etc. Todo isto organizarase arredor das seguintes actividades:
- Videoconferencias en directo sobre cada titulación.
- Vídeos de Centros Universitarios.
- Vídeos de alumnado matriculado na UDC e de alumnado xa titulado.
- Dous espazos permanentes para obter información xeral sobre as xornadas e para obter información sobre o acceso e admisión na Universidade.
- Unha sección con obradoiros e retos, con premios para quen os consiga superar.
Para acceder podes facelo de dúas formas:
- No seguinte enlace: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas
- Descargando a aplicación móbil UDC.gal