Este venres 31 de xaneiro o alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria realizaron unha visita a cidade de A Coruña para coñecer as propostas dos distintos museos científicos coruñeses.
En primeiro lugar visitaron a casa das ciencias onde asistiron a unha sesión no planetario, onde aprenderon aspectos relacionados co sistema solar.
Máis tarde dirixíronse á Domus (Casa do home) onde puideron comprobar a sú a capacidade de salto, de axilidade, de concentración ou realizar diversos experimentos relacionados co ser humano.
Por último, visitaron o acuario da cidade, onde puideron ver diversas especies de peixes e asistiron a unha exhibición coas focas do mesmo.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da actividade.