Skip to Content

Club de Lectura e Club da Ciencia visitan Santiago

O alumnado que participou activamente durante o curso nas actividades organizadas polo "Club de Ciencia" e polo "Club de Lectura" foi convidado a unha excursión a Santiago de Compostela que tivo lugar onte martes 30 de Maio. Pola mañá asistiron a tres visitas guiadas: á Biblioteca América da Biblioteca Xeral, á Biblioteca da Facultade de Xeografía e Historia e ao Museo de Historia Natural; e pola tarde realizaron un xogo de recoñecemento e idenficación de árbores no Campus Sur Universitario.

Premede nas fotos para ver as imaxes de toda a xornada... 

                

FUTBOL FEMININO 2017

O pasado xoves, 25 de maio, as alumnas da ESO xogaron un partidos de fútbol contra as profesoras para despedir a súa adestradora Celina Valencia.

Celina, auxiliar de conversa de inglés en primaria, estivo a adestrar ás alumnas do centro no programa de recreos activos do proxecto deportivo de centro. Este proxecto tivo moito éxito entre as alumnas de secundaria e fixolles moita ilusión poder xogar contra a súa adestradora.

Aquí tendes o enlace ao video e fotos deste encontro.

       

                               FOTOS                                                                                    VÍDEOS

GRAZAS POR TODO CELINA

               

Os rapaces e rapazas de 6ºA elaboramos este maniquing challenge, inspirado nas diversas actividades que a nosa auxiliar de conversa, Celina, nos ensinou.

Este é o noso regalo de despedida para ela. QUERÉMOSTE MOITO CELINA!!! Bye Bye

Redactoras: Diana e Lucía 6ºA

Estadía en Hastings 2017. 3º ESO

Nove estudantes de 3º de ESO viaxaron á cidade inglesa de Hastings co profesor Manuel Rodís.  Alí fixeron un curso de inglés e aloxáronse en casas de familias coñecendo máis de cerca a forma de vivir do país.  Ás veces a experiencia foi dura para adaptarse aos costumes, á comida, ... pero tamén houbo tempo para pasalo ben.  Polas tardes tiveron actividades variadas e na fin de semana foron á cidade turística de Brighton e a Londres.

Premede nas imaxes para ver unhas fotos da experiencia vivida ou visitade a nosa galería de fotos.

          

Experimentos no laboratorio con 2º de Primaria

Os nenos e nenas de segundo de primaria fomos facer experimentos ao laboratorio sobre a masa, o volume, os estados da auga... todos moi interesantes!! Desta volta os/as nosos/as mestres foron os/as nosos/as compañeiros/as máis grandes da ESO que nos acercaron á ciencia dun xeito moi divertido.

Premede nestas imaxes e veredes canto nos ensinaron e canto aprendimos coa súa axuda.

                           

Inspeccion de primavera ESO. Proxecto Ríos 2017.

O pasado martes 23 de Maio achegámonos co alumnado de 4º ESO até o río Gallo ao seu paso pola vila de Cuntis para levar a cabo a inspección de primavera da man da asociación ecoloxista ADEGA. Este alumnado guiado polo coordinador do Proxecto Ríos, Paco Bañobre, e a profesora de Bioloxía do centro, levou a cabo unha serie de actividades como a recollida e posterior identificación de macroinvertebrados (que son bioindicadores da calidade da auga), e a medición de parámetros físico-quimicos: pH, osíxeno e nitratos, que en conxunto determinaron o moi bo estado de saúde no que se atopa o río.

Premede na imaxe para ver unha mostra do ben que o pasaron e o moito que traballaron…

         

Excursión a Marcelle 2017

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria visitou este martes 23 de maio o Parque da Natureza de Marcelle. Os nenos e nenas tiveron ocasión de coñecer as características e hábitos de diferentes especies animais. Desfrutaron dun día ao aire libre, en plena natureza no que non faltou o compañeirismo e a felicidade.

Aquí deixamos unhas fotos que amosan os momentos vividos.

                

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 5º E 6º PRIMARIA. 2017

Os días 15 e 16 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha viaxe ao Campamento Fieitás (O Grove). Alí, desenrolaron unha serie de actividades dirixidas na praia da Lanzada (bodyboard, atrapa a bandeira) así coma no campamento (camiño da morte e destrución, tirolina...).

Pasárono moi ben e aquí vos deixamos unhas imaxes que o demostran.

                            

                           

*Redactoras/es e editoras/es desta noticia: Diana, Carla, Isabel, Laura, Lucía, Marta, Paula, Jorge, Noelia e Valentina (6ºA)

Os cativos e cativas do colexio de visita no Grove

Este martes 23 de maio o alumnado de Educación Infantil xuntos cos compañeiros e compañeiras da Escola Unitaria de Arcos de Furcos fomos de excursión de fin de curso ao Grove; divididos en catro grupos, e por turnos, primeiro fixemos unha visita guiada ao Acuario e participamos de dous obradoiros de concienciación medioambiental e coidado dos nosos mares; despois baixamos ao porto do Grove e no paseo marítimo recargamos as pilas cunha comida campestre á beiriña do mar e xogamos un cachiño nun dos parques infantís que había moi perto; e finalmente, pola tardiña, subímonos no turitren e visitamos a península do Grove e a Illa da Toxa. 

Coma sempre premede nas imaxes ou visitade a nosa galería de fotos para ver canto aprendemos, o moito que nos divertimos e canta caloriña pasamos.

                                

                               

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

De acordo coas instrucións da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Orde do Fondo Solidario de Libros de texto e Axudas para adquirir libros de texto e Material escolar ( Orde do 16 de maio de 2017- DOG do 22-05-2017)procedemos a facer público o contido desta orde a todos os sectores da comunidade educativa.

Para o curso 2017-2018 o alumnado matriculado nos centros educativos públicos poderán beneficiarse das diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino:

1.- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º,4º, 5º e 6º de EP e en 1º,2º, 3º e 4º da ESO, nos que se manterán os libros de texto do curso 2016-2017.

2.- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.

3.- Axudas para a adquisición de material escolar: todo o alumnado matriculado en EP e ESO.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 23 de maio ata o 23 de xuño. Podedes pasar a recoller os FORMULARIOS correspondentes pola secretaría do centro en horario de mañá, de 8,45 a 13,45 horas, na páxina do centro ou na páxina da xunta.

Ante calquera dúbida ou aclaración póñanse en contacto co centro

Distribuir contido


by Dr. Radut