Obradoiro Pantallas Amigas
O alumnado de 6º de primaria e 1º,2º e 3º da ESO tivo hoxe unha charla impartida pola psicóloga Arrate Emaldi da Asociación Pantallas Amigas na que lles ensinou como deben protexerse nas redes sociais, en qué consiste a ciberviolencia e sobre todo como actuar ante os casos de ciberviolencia de xénero. A actividade foi promovida polo departamento de orientación e a comisión de convivencia, xa que contribúe na sensibilización do alumnado contra o acoso escolar. Contamos tamén coa colaboración dos servizos sociais. Agora agardamos que o alumnado poña en práctica todo o aprendido.
Podedes botarlle un ollo ás fotos que sacamos premendo nestas imaxes ou visitando a nosa galería de fotos.