Complementarias

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2016

O CPI Conde de Fenosa celebrou o pasado día 5 de febreiro o Entroido nun acto conxunto que finalizou cun desfile polas rúas de Ares. Todo o alumnado dende Infantil, Primaria e Secundaria desfilaron cos traxes elaborados nas distintas aulas que representaban as diferentes etapas da nosa Historia.

Unha boa descrición está no seguinte enlace do blog de dinamización lingüística do noso centro, creado pola nosa gran dinamizadora, Yolanda Castro:

 DESFILE DO ENTROIDO 2016

Nos diferentes blogues do centro: Biblioteca, Infantil e Primaria que tedes na parte esquerda podedes velos diferentes e excelentes traballos feitos polo alumnado e profesorado para a realización deste evento.

Dende a Dirección o noso agradecemento á Protección Civil e Policía Local de Ares que acompañounos no recorrido, así cómo ao Concello que entregaron un agasallo ao alumnado.

Tamén agradecemos a colaboración de todo o alumnado e profesorado que deu lugar a unha xornada festiva, colaborativa e de moi boa convivencia así como das familias que están sempre dispostas a colaborar.

PARABÉNS A TODOS/AS!

ACTIVIDADES NADAL. 17 DE DECEMBRO e 18 de DECEMBRO

ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NADAL

 

XOVES 17 DE DECEMBRO: Todo o centro participará na Carreira Solidaria que ven sendo habitual no noso centro, colaborando coa organización Save The Childrens.

  • Educación Infantil.
    • As carreiras terán lugar no pavillón do colexio cando o alumnado de primaria estea de volta, aproximadamente ás 13:00 h.
    • NOTA: Permítese a entrada no recinto aos pais do alumnado de infantil para ver as carreiras. Entrarán no recinto unha vez que o alumnado de primaria estea acomodado nas bancadas.

 

  •  Educación Primaria.
    • As carreiras terán lugar no paseo marítimo a partir das 11:45h aproximadamente.
    • NOTA:  Haberá unha persoa con botiquín e algo de comida e auga para quen o necesite, así como avituallamento para todos de regreso ao colexio.
  • Educación Secundaria.
    • Ás 10:30h. : Saída da carreira do CPI , rúas de Ares ata o Porto, Paseo Marítimo, Parque Rosalía, Avenida de Mugardos e volta ao CPI.
    • Ás 11:30h. : Final da carreira.
    • De 11:30 a 12:00h : O alumnado pasará pola zona de avitualamento (auga e froita) e momento de descanso.
    • Ás 12:15 h.: Entrega de medallas e diplomas na pista polideportiva. Estará con nós PAULA MAYOBRE.
    • Ás 13:00h.: Comezarán as coreografías na pista polideportiva.

Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa, ao persoal do Concello, á Froitería Mari, á Floristería Real, e a Paula Mayobre.

 

VENRES, 18 DE DECEMBRO. FESTIVAL DE NADAL no Casino de Ares.

  • Educación Infantil. O festival comezará ás 10:15h.
    • Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.
    • As familias desaloxarán o recinto ao remate da función.
    • NOTA: No caso de que chova  esta función realizarase na sala de Usos Múltiples do centro.
  • Educación Primaria. O festival comezará ás 11:15h.
    • Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.

Ao regreso no Centro os Reis Magos entregarán ao alumnado unha golosina (colaboración da ANPA).

NOTAS:

  • Aqueles que publiquen a calquera medio fotos ou vídeso do festival e/ou da carreira serán os responsables do feito. Por parte do centro, un representante gravará as actuacións, e unha vez revisadas colgaranse na páxina web do centro.
  • A saída nese día será ás 13:30h unha vez que se entreguen as notas e non haberá comedor.

 

Desexamos a todos unhas Felices Festas coa esperanza de Paz e próspero ano 2016!

CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS E DOS NENOS/AS

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA CONMEMORAR OS DÍAS DOS DEREITOS HUMANOS E DEREITOS DOS NENOS.

Neste primeiro trimestre do ano hai dúas datas de suma importancia nas que se conmemoran, por un lado “O Día dos dereitos dos nenos”(20 de novembro) e por outro, o “Día dos Dereitos Humanos” (10 decembro). Por iso o alumnado da ESO invita a todos os nenos e nenas de Educación Primaria e Infantil á representación do conto “Antón: o neno que non quería ir á escola”.

O conto ilustrado integramente por Ana Martínez Fernández coa colaboración de Paola Toribio e adaptado ao galego por Mayolla Martínez Dragó é unha historia para reflexionar sobre a importancia da educación. Este dereito é un dereito fundamental que todos os nenos e nenas do mundo deben ter, xa que lles permite adquirir coñecementos e alcanzar así unha vida social plena. Ademais o dereito á educación é vital para o desenvolvemento económico, social e cultural de todas as sociedades. Sen embargo continúa sendo inaccesible para milleiros de nenos e nenas do mundo.

A través do conto de Antón descubriredes á importancia deste dereito: un dereito fundamental e universal.

 

Esperámosvos!!! As sesións realizaranse na sala de usos múltiples de secundaria.

Organizan e colaboran: Departamento de EDLG, Departamento de Reli, Departamento de Lingua Galega.

HORARIO DAS SESIÓNS

DATA HORARIO CURSO
Luns Xaneiro 11:10-12:10 Para 1º Primaria Interpretan: 2º ESO 
Mércores 9 Decembro 12:20-13:10 Para Infantil A Representan: 3º ESO 
Xoves 10 Decembro

11:20-12:10

 

Para Infantil A Representan: 4º ESO 

Xoves  xaneiro

11:10-12:10

 

12:10-13:00

 

Para 2º Primaria Interpretan: 2º ESO

Para 3º e 4º Primaria Representan: 4º ESO 

     

  

Aquí podedes velo conto:

 

 
Algunhas imaxes das representacións:

 

 

ACTIVIDADES SOLIDARIAS NO CPI CONDE DE FENOSA

 

 

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Estimadas familias:

Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo  a  OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.

Estamos ante unha época na que  diversas institucións como A Cociña Económica ou Cáritas seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.

Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán  contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende o 25 de novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.

Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

                                                  GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN

 

   

 

 

  MARATÓN SOLIDARIO: V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

 

Polos dereitos da infancia

 

Un ano máis o noso centro organiza a V Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.

Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que voluntariamentequeira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.

Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e   apoiará esta causa coa súa presenza  correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN:

ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo maritimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo muelle.

Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.

Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do colexio.

 

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.


 

CPI Conde de Fenosa:  construíndo un mundo mellor

 

 

 

 

 

 

FINALISTAS NO FESTIVAL AUDIOVISUAL ESCOLAR "OLLOBOI 2015"

O traballo realizado polo profesorado(Chicha, Lucía e Conchi) e alumnado de 3º de Primaria para Meteoescolas, "METEOREFRÁNS"; resultou finalista dunha das 10 categorías "Especial Embarcacións Tradicionais" do Festival Audiovisual OLLOBOI 2015.

Os premios fallaranse nunha gala que terá lugar o sábado, 30 de maio, na casa da Cultura de Boiro e consistirán nun xenuino trofeo deseñado pola creadora Susana Diz e nun fantástico dron con cámara integrada. A gala será conducida polos actores Federico Pérez, X.A. Touriñán, a actriz Sabela Hermida coa colaboración musical do alumnado de Música do CPI de Dodro.

Parabéns a este equipo excepcional, mención especial a Yolanda gran dinamizadora e impulsora de que este recoñecemento se leve a cabo.

Parabéns tamén ao equipo Monferosolidario do CPI Virxe da Cela que resultou finalista na categoría "Peleóns".

Déixovos o vídeo finalista:

PREMIOS RELATO CURTO

 

O alumnado da ESO participa activamente nos Concursos de relato curto convocados cada curso escolar, tanto pola Coca Cola como polo Concello de Ares.

  • No presente curso escolar temos 2 novos gañadores zonais do Concurso de Relato Curto de Coca-Cola, aos que queremos transmitirlles os nosos parabéns: Marta Fernández Alcantud e Pablo Vascós Gómez de 2º ESO. Irán recoller o premio o venres, 22 de maio, á Illa de San Simón en Pontevedra. 

        Marta Fernández Alcantud acada o 1º Premio Provincial e Pablo Vascós Gómez o 2º Premio Provincial .

                                                        Parabéns a eles e a súa profesora Luisa Corredoira.

  • O pasado este venres 15 de maio, nun  acto celebrado na Alianza Aresan, a Concellería de Cultura de Ares entregou os premios do III Concuso de Relato Curto "Concello de Ares", no que participaron rapaces e rapazas da ESO.

Tras unha longa deliberación do xurado integrado por Xosé Manuel Ramos Vázquez, Vanesa Sánchez Filgueira e Antonio Seijas Cruz, entregáronse os seguintes premios:

  • Categoría 1º e 2º ESO 
    • 1º Premio  a Verónica Rodríguez Martínez coa obra “Rutina”.
    • 2º Premio a Lara Fonte Allegue, autora da narración “O golpe máxico”.

 

  • Categoría de 3º e 4º da ESO
    • 1º PremioMarta Rivera Beceiro pola obra “Só son”
    • 2º Premio a Ana Martínez Fernández, autora da obra co título “Redes”.
  • Ademais, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos presentados por Mayoya Martínez Dragó, “As cores da alma”, e  Mercedes Sande Doce con “Loita contra a luz”.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto co concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, e a edil de Comercio e Industria Alma Barrón, fixeron entrega dos premiosnun acto destacaron o número de obras que concorreron a este concurso e, o que é máis importante, o elevado nivel de todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.

PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES E EN ESPECIAL AOS GAÑADORES.

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRA GALEGAS

 

O venres, 15 de maio, tivo lugar no CPI Conde de Fenosa, a celebración do "Día das Letra Galegas", contando co acompañamento musical de gaitas, tambor e bombo a cargo de  Teresa, Elena, Teri e o profesor de música, Simón.

Grazas a eles tivemos unha xornada con cantigas e bailes populares moi divertida.

Tamén amenizaron cantando e tocando as pandeiretas o alumnado e profesorado (Chicha e Lucía) dos grupos de 3º A e B de primaria.

A continuación podedes ver un vídeo conmemorativo onde se recollen tamaén os traballos realizados no centro sobre  a figura de Filgueira Valverde.

 

VI EDICIÓN DO PARLAMENTO XOVE

VI Edición do Parlamento Xove.

    O proxecto Parlamento Xove confórmano un conxunto de encontros dialécticos que teñen por obxecto fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias. Potenciaranse habilidades individuais e en grupo entre as que destacan o desenvolvemento da capacidade de selección de información, a expresión escrita, a expresión oral, a orixinalidade, a argumentación razoada, o traballo en equipo ou a convivencia. Así mesmo, fomenta a lectura, a escritura, o emprego das novas tecnoloxías con fins informativos e culturais e o respecto polas ideas dos demais.

   Trátase dunha competición na que os diversos equipos inscritos investigarán, escribirán e debaterán acerca dun tema. A actividade desenvolverase nunha fase inicial de investigación e argumentación de ideas na rede e unha fase final de debate dialéctico.

   O día 7 de marzo tivo lugar nas salas da Deputación da Coruña a fase clasificatoria ao que acudiron, como veñen facendo dende hai 2 cursos, un grupo de alumnas de 3º e 4º ESO preparadas e acompañadas polo profesor de L. Galega, Xoan Barrio. Na presente edición as alumnas, Alba Brage Varela, Noelia Calvo Tizón, Raquel Pérez Rivera de 4º ESO e Raquel Santamariña Taboada de 3º ESO, realizaron 3 debates durante o longo do día dos que gañaron 2, realizando unha defensa excepcional da súa posición ben a favor ou en contra (por sorteo) do tema : "A maioría de idade aos 16 anos?", manexando unha argumentación e unhas habilidades de expresión oral e escrita formidables.

Parabéns a todo o equipo polo traballo ben feito e destacar que a nosa alumna, Alba Brage, foi unha das 4 mellores debatistas desta Edición.

 

FESTA DO ENTROIDO - VENRES 13 DE FEBREIRO

Todo o repertorio de imaxes, festa, vídeos.. podedes consultalo:

O alumnado disfrutou da festa a pesar de non acompañarnos o tempo a quen lle dedicamos o día.

 

FESTA DO ENTROIDO NO C.P.I. CONDE DE FENOSA DE ARES

 

O vindeiro 13 de febreiro celebraremos a festa  con todo o alumnado do centro, a saída será ás 13:30h e non haberá comedor.

A organización é a seguinte:

 

HORA  INFANTIL E PRIMARIA HORA SECUNDARIA
10:30h

PASARÚAS POLA VILA CO SEGUINTE PERCORRIDO:

  • AVENIDA DE MUGARDOS.
  • RÚA REAL.
  • PRAZA DA IGREXA.
  • AVDA. SAAVEDRA MENESES.

A continuación o alumnado de Infantil regresarán ao centro e o de Primaria continuarán polas rúas.

10:00h

I CARREIRA SOLIDARIA (ONG Dulces Lessons) DE DISFRACES co seguinte percorrido:

  • AVENIDA DE MUGARDOS.
  • BAR AVENIDA
  • PASEO MARÍTIMO CARA O PARQUE ROSALÍA.
  • Volta ao centro polo mesmo percorrido.
12:15h

O alumnado degustará os doces típicos  do Entroido no centro, contando coa colaboración das familias ás que lles agradecemos.

 

11:00-11:30H

ENTREGA DE MEDALLAS e PREMIOS no pavillón:

  • CARREIRA.
  • MELLOR DISFRACE.
  • GAÑADORES DA SEMANA PROBLEMÁTICA

 No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile realizaríase na pista do centro ao que poderían asistir as familias

 

 

11:30-12:30H FINAIS DE FÚTBOL SALA no pavillón
12:30-13:30 H COREOGRAFÍAS NO PAVILLÓN
13:30h   SAÍDA . NON HABERÁ COMEDOR

 

 

IV Semana Problemática

O Departamento de matemáticas organiza como ben sendo habitual o CONCURSO:

IV SEMANA PROBLEMÁTICA no CPI CONDE DE FENOSA

DATAS do 2 ao 6 de Febreiro

Normas do concurso:

– O concurso consiste en resolver un problema matemático cada día. Os

enunciados dos problemas aparecerán a primeira hora no taboeiro de entrada (do

alumnado) e en cada unha das aulas. Os podedes resolver ao longo da mañá e

depositar a resposta, xunto co procedemento seguido, na urna que haberá no

hall do centro.

– En cada folla que depositedes na urna debe aparecer obrigatoriamente: título do

problema, nome, apelidos, curso e grupo do alumno/a.

– Na urna só poderá depositarse a resolución do problema dese día, nunca doutro día anterior.

– As solucións aos problemas publicaranse ao día seguinte do seu plantexamento.

– Agasallos : Cada día haberá un agasallo para o/a gañador/a e o seu nome será publicado á

semana seguinte á finalización do concurso. No caso de haber mais dun

gañador/a nun mesmo día,  sortearase o premio entre eles/as (limitado a un premio

por persoa, agás que sexa o único gañador/a do día).

¡ANÍMATE Y PARTICIPA!

Distribuir contido