Dirección
AGRADECEMENTO DE "SAVE THE CHILDREN"
Enviado por admin o Ven, 22/01/2016 - 11:04O CPI Conde de Fenosa recibiu o Diploma e a carta de agradecemento da asociación de axuda humanitaria "Save the Children", información que compartimos con toda a Comunidades Educativa, especialmente alumnado, profesorado, familias, Paula Mayobre, establecementos colaboradores, Protección Civil e Concello de Ares.
ACTIVIDADES NADAL. 17 DE DECEMBRO e 18 de DECEMBRO
Enviado por admin o Ven, 11/12/2015 - 14:45ORGANIZACIÓN DAS ACTIVIDADES DO NADAL
XOVES 17 DE DECEMBRO: Todo o centro participará na Carreira Solidaria que ven sendo habitual no noso centro, colaborando coa organización Save The Childrens.
- Educación Infantil.
- As carreiras terán lugar no pavillón do colexio cando o alumnado de primaria estea de volta, aproximadamente ás 13:00 h.
- NOTA: Permítese a entrada no recinto aos pais do alumnado de infantil para ver as carreiras. Entrarán no recinto unha vez que o alumnado de primaria estea acomodado nas bancadas.
- Educación Primaria.
- As carreiras terán lugar no paseo marítimo a partir das 11:45h aproximadamente.
- NOTA: Haberá unha persoa con botiquín e algo de comida e auga para quen o necesite, así como avituallamento para todos de regreso ao colexio.
- Educación Secundaria.
- Ás 10:30h. : Saída da carreira do CPI , rúas de Ares ata o Porto, Paseo Marítimo, Parque Rosalía, Avenida de Mugardos e volta ao CPI.
- Ás 11:30h. : Final da carreira.
- De 11:30 a 12:00h : O alumnado pasará pola zona de avitualamento (auga e froita) e momento de descanso.
- Ás 12:15 h.: Entrega de medallas e diplomas na pista polideportiva. Estará con nós PAULA MAYOBRE.
- Ás 13:00h.: Comezarán as coreografías na pista polideportiva.
Agradecemos a colaboración de toda a comunidade educativa, ao persoal do Concello, á Froitería Mari, á Floristería Real, e a Paula Mayobre.
VENRES, 18 DE DECEMBRO. FESTIVAL DE NADAL no Casino de Ares.
- Educación Infantil. O festival comezará ás 10:15h.
- Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.
- As familias desaloxarán o recinto ao remate da función.
- NOTA: No caso de que chova esta función realizarase na sala de Usos Múltiples do centro.
- Educación Primaria. O festival comezará ás 11:15h.
- Poderán entrar as familias do alumnado unha vez que estea acomodado no seu sitio todo o alumnado.
Ao regreso no Centro os Reis Magos entregarán ao alumnado unha golosina (colaboración da ANPA).
NOTAS:
- Aqueles que publiquen a calquera medio fotos ou vídeso do festival e/ou da carreira serán os responsables do feito. Por parte do centro, un representante gravará as actuacións, e unha vez revisadas colgaranse na páxina web do centro.
- A saída nese día será ás 13:30h unha vez que se entreguen as notas e non haberá comedor.
Desexamos a todos unhas Felices Festas coa esperanza de Paz e próspero ano 2016!
ACTIVIDADES SOLIDARIAS NO CPI CONDE DE FENOSA
Enviado por admin o Mar, 24/11/2015 - 11:50
OPERACIÓN QUILO DE NADAL
Estimadas familias:
Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis solicitamos a vosa colaboración para levar a termo a OPERACIÓN QUILO DE NADAL. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento, ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa.
Estamos ante unha época na que diversas institucións como A Cociña Económica ou Cáritas seguen demandando a colaboración de toda a sociedade, e estamos ante unha ocasión marabillosa para aportar o noso gran de area.
Así pois, alumnado, profesorado e familias poderán contribuír de maneira voluntaria aportando calquera alimento non perecedeiro, dende o 25 de novembro ata o 11 de decembro. A partir desta data os alimentos serán levados á Cáritas de Ares e á Cociña Económica de Ferrol.
Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN
MARATÓN SOLIDARIO: V CARREIRA QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE
Polos dereitos da infancia
Un ano máis o noso centro organiza a V Carreira Quilómetros de Solidariedade. Esta carreira, enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria, o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre estará connosco e apoiará esta causa coa súa presenza correndo cos rapaces e rapazas do noso centro.
ORGANIZACIÓN:
ESO: Saída as 10:30 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo maritimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio polo muelle.
Primaria: Saída do colexio as 11:30 horas. As carreiras faranse por categorías no paseo marítimo dirección nautico a partir das 11:45 horas.
Infantil: A carreira terá lugar as 13:00 horas no pavillón do colexio.
Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que o xoves 17 de decembro, saian a rúa a apoiar aos nosos corredores solidarios.
|
CPI Conde de Fenosa: construíndo un mundo mellor
PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL
Enviado por admin o Xov, 05/11/2015 - 12:38A Dirección do CPI Conde de Fenosa informa á Comunidade Educativa da Programación Xeral Anual deste centro para o curso 2015-2016.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9