Dirección
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2017-2018
Enviado por admin o Xov, 23/02/2017 - 13:49
A Dirección do CPI As Mirandas tralo Consello Escolar celebrado o día 18 de abril, publica o listado de novo alumnado definitivo aprobado para o videiro curso escolar.
Toda a información no seguinte enlace:
SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CPI AS MIRANDAS
PARA O CURSO 2017-2018
- As solicitudes terán que presentalas soamente o alumnado de nova incorporación.
- O PRAZO é do 1 ao 20 de marzo de 2017.
- PROCEDEMENTO DA SOLICITUDE:
- Por INTERNET: Na páxina da Consellería de Educación, na aplicación "Admisión de alumnado", no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- Nas oficinas do centro escolar en horario de 9:30 a 13:30h.
- En calquera rexistro oficial.
- DOCUMENTACIÓN ESIXIDA:
- IMPRESO DE SOLICITUDE que se pode obtér:
- na páxina da Consellería de Educación, no portal e/ou na aplicación nos seguintes enlaces:
- na sede electrónica da Xunta de Galicia:
- nesta páxina web do centro como documento anexo.
- nas oficinas administrativas do centro.
- CERTIFICADO OU VOLANTE DE EMPADROAMENTO DO CONCELLO.
- FOTOCOPIAS DO LIBRO DE FAMILIA (todas as follas escritas).
- FOTOCOPIA DA SENTENZA DE SEPARACIÓN OU DIVORCIO (se é o caso).
- XUSTIFICACIÓN DE NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS (se é o caso).
- CERTIFICACIÓN DE MATRÍCULA DO CENTRO ANTERIOR (se é por traslado).
Para máis información nos seguintes enlaces:
ENTROIDO 2017
Enviado por admin o Lun, 20/02/2017 - 19:50
FESTA DO ENTROIDO 24 MARZO
O vídeo do pasarúas do Entroido do día 24 de febreiro está publicado no blog da Biblioteca: Carabela de Ares.
Nos seguintes enlaces:
- http://carabeladeares.blogspot.com/
- http://tesmoitalingua.blogspot.com.es/2017/02/dia-de-entroido-no-cpia-as-mirandas.html
O vindeiro venres, 24 de febreiro, celebraremos a festa do Entroido.
A festa comezará cun pasarrúas pola vila de todo o alumnado e profesorado do centro.
ORGANIZACIÓN:
- Saída do centro escolar aproximadamente ás 10:30h. continuando por:
· Avenida de Mugardos
· Real
· Plaza da igrexa
· Saavedra Meneses.
- A continuación o alumnado de Infantil regresarán ao colexio e os demais continuarán polas rúas.
- As 12:15h, xa no centro, o alumnado degustarán doces típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar (papel, bolsa…). O colexio correrá cos gastos das bebidas. O alumnado recibirá un paquete de caramelos doados polo Concello.
- A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil).
Non haberá comedor.
AVISO:
No caso de que chovera suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile levarase a cabo na pista do centro escolar (11:00h) ao que poderían asistir as familias.
MANDADOS ENTROIDO 2017
MARTES:
-
O pescozo adornarás e con colares ti virás.
MÉRCORES
-
Sombreiro, gorro, peluca ou pano, que é o mais “fashion” este ano.
XOVES
-
Se non queredes sufrir estrés trae algunha prenda do revés.
ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP
Enviado por admin o Ven, 27/01/2017 - 14:52
Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a Consellería de Educación e o conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de toda Galiza).
A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.
Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a colaboración das familias.
EMERXENCIA REFUXIADOS- PETICIÓN URXENTE
Enviado por admin o Xov, 19/01/2017 - 10:52
UNHA VEZ MÁIS, GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA SOLIDARIEDADE!.
CHARLA FORMATIVA DO PLAN DIRECTOR PARA A MELLORA DA CONVIVENCIA E SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS.
Enviado por admin o Lun, 09/01/2017 - 15:59
A Dirección e o Departamento de Orientación convidan a todas as familias do alumnado do CPI As Mirandas a:
- Charla Formativa sobre "Acoso Escolar, Ciberacoso e Uso de novas Tecnoloxías" que será impartida pola Garda Civil.
- DATA: Martes, 10 de xaneiro de 2017.
- HORA: 16:30 ÁS 18:00h.
- LUGAR: Aula de Usos Múltiples do centro.
Contamos coa vosa presenza.
Para máis información podedes consultar a segunte ligazón:
FELICES FESTAS E EXCELENTE ANINOVO 2017
Enviado por admin o Mar, 20/12/2016 - 21:39A Dirección do CPI As Mirandas desexa a toda a Comunidade Educativa, e ao pobo de Ares unhas "Felices Festas e un Excelente Aninovo".
Deixamos tamén o vídeo elaborado pola nosa Intérprete de signos, Luisa, coa colaboración do alumnado de primaria, para felicitarvos o Nadal.
Amosamos tamén o traballo realizado polo profesorado e alumnado de Secundaria:
Todo isto non sería posible sen a colaboración e o esforzo de todos os que formades parte da Comunidade Educativa, grazas por compartir o voso traballo e por ser parte importante deste centro educativo, con grandes proxectos que xa están en marcha e verán a luz no vindeiro 2017.
ACTIVIDADES DO NADAL: CARREIRA SOLIDARIA O 2O E FESTIVAL DE NADAL O 21 DE DECEMBRO
Enviado por admin o Ven, 16/12/2016 - 10:14
FESTIVAL DE NADAL
O mércores, día 21, imos celebrar o festival de Nadal no casino de Ares ao que están invitadas as familias do alumnado. Van ser dúas funcións: unha para infantil e outra para primaria.
-
Educación Infantil.
-
Empezará o festival ás 10:15h. Os pais entrarán unha vez o alumnado estea acomodado no seu sitio. Ó remate da función desaloxarase o recinto.
-
-
Educación Primaria.
-
Empezará o festival ás 11:15h. Como na anterior, os pais entrarán unha vez que o alumnado estea acomodado.
-
Xa no colexio, os Reis Magos entregarán aos alumnos unha golosina (coa colaboración da ANPA).
Avisos:
-
No caso de que chova a función de infantil farase na sala de usos múltiples do colexio.
-
Aqueles que publiquen en calqueira medio fotos o vídeos do festival serán os responsables do feito. Por parte do centro,un representante gravará as actuacións e, unha vez revisadas, colgaranse na paxina web do colexio.
-
A saída ese día será ás 13:30h, unha vez que se entreguen as notas.
-
Non haberá comedor.
En Secundaria haberá unha actividade musical realizada polo alumnado da ESO nos corredores do edificio administrativo.
A súa colaboración axudará a que todo se desenvolva dun xeito satisfactorio polo que lles damos as grazas anticipadamente.
Aproveitamos tamén para desexarlles Felices Festas!
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 07/11/2016 - 15:53O día 29 de novembro ás 13:05h. a xunta electoral tralo análise das diferentes actas das mesas electorais dos diferentes sectores educativos, levanta acta coa proclamación dos novos membros do Consello Escolar:
O día 17 de novembro reuniuse de novo a Xunta electoral para levar a cabo:
- a aprobación das candidaturas dos diferentes sectores da comunidade educativa,
- o sorteo das persoas que formarán parte das mesas electorais no proceso da elección que terá lugar o 28 de novembro.
- Censos electores.
ÁBRESE UN PERIODO DO 18 AO 27 DE NOVEMBRO PARA QUE OS CANDIDATOS PRESENTEN OS SEUS PROGRAMAS E ANIMEN AO ELECTORADO A VOTAR. O QUE PRECISEN DEBEN SOLICITALO Á DIRECCIÓN.
Nos seguintes enlaces podedes consultar a información:
- ACTA DA 2ª REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL
- PAPELETA ALUMNADO
- PAPELETA FAMILIAS
- PAPELETA PERSOAL NON DOCENTE
- PAPELETA PROFESORADO
O día, 7 de novembro, quedou constituída a xunta electoral que vai regular todo o proceso de eleccións para a renovaciónparcial do Consello Escolar.
Nesta sesión de constitución aprobáronse tamén os listados dos diferentes sectores da comunidade educativa e o Calendario electoral:
- Acta constitución xunta electoral
- CALENDARIO ELECTORAL
- RESUMO DAS FUNCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR
- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA
|
Animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proceso!
ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR
Enviado por admin o Lun, 07/11/2016 - 15:53No día de hoxe, 7 de novembro, quedou constituída a xunta electoral que vai regular todo o proceso de eleccións para a renovaciónparcial do Consello Escolar.
Nesta sesión de constitución aprobáronse tamén os listados dos diferentes sectores da comunidade educativa e o Calendario electoral:
- Acta constitución xunta electoral
- CALENDARIO ELECTORAL
- RESUMO DAS FUNCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR
- PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA
Animamos a toda a comunidade educativa a participar neste proceso
LIBROS DE TEXTO CURSO 2016-2017
Enviado por admin o Mar, 05/07/2016 - 11:47Publícase o listado de libros de texto para o curso 2016-2017 aprobado no Claustro e C.E. do pasado día 30 de xuño.
Aviso:
O alumnado solicitante das Seccións Bilingües en 1º a 4º de ESO esperade a setembro para mercar ou encargar o libro de texto en Ciencias Naturais, Fca e Qca e Bª e Xª, xa que dependerá do profesorado que nos conceda a Consellería.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »