Skip to Content

Escolares

Tivemos a honra de escoitar a Dra. Sonia Prado López, do laboratorio de Single Cell laboratory (Grupo de Xenómica Evolutiva e Biomédica) do CINBIO da Universidade de Vigo , sobre o papel da muller na ciencia.

Contounos a vida dalgunha das mulleres de ciencia que non son tan "famosas", a máis de darnos unha clase maxistral, pero maxistral, do traballo que fai co grupo de Xenómica e a importante repercusión que ten sobre a nosa calidade de vida ao estudar células canceríxenas.

 

 

 

O Nadal chegou

con branca neve

e belo esplendor.

 

Os nenos xogan

 e suben á noria

 con moita ilusión.

 

Lucía Laiz Pomar.

3º ESO

   O colectivo de profesorado, persoal non docente e o Equipo directivo do C.P.I. Arquitecto Palacios deséxalles un

 

Bo Nadal e un Feliz e Próspero ano 2020

 

Os nosos alumnos do grupo de teatro están participando no XV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado, coa súa obra: "O teatro cómico".
O seu éxito queda reflectido no artigo do Faro de Vigo publicado o domingo, 6 de maio de 2012:

 


O alumnado de 6º de EP, logo de representar o día Internacional das Bibliotecas escolares a obra de COCORICO con gran éxito, realiza esta representación na EEI "As Dunas" .


 


Distribuir contido


 

 

 

by Dr. Radut