Skip to Content

Abril 2024

 

 

 

O colexio de Panxón despide a Alfonso Álvarez Cáccamo co cariño da que foi «a súa familia»

 

 Onte (23 de Abril do 2024), no CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios de Panxón, antes CPI de Panxón e antes ISM de Panxón, fogar de Alfonso durante case toda a súa carreira profesional, «o escritor recibiu a primeira de moitas homenaxes que virán». Ningún dos alumnos de hoxe tivo unha clase con el, pero entre eles estaban sentados a súa filla, o seu irmán, a súa compañeira e amigos. Nas súas palabras Alfonso reviviu co seu sorriso. «Porque se meu pai estivera aquí... Todos estaríamos de troula», anunciou a súa filla.

Nova COMPLETA: ENLACE

 

 

Alumnado de Manchester no CPI Arquitecto Palacios e CEIP Mallón participa nunha xornada de reforestación

 O Concello de Nigrán ofreceu esta mañá unha xornada de reforestación no parque forestal Os Matos-Río Táboas ao alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e CEIP de Mallón coincidindo coa presencia de 26 estudantes de Manchester en ambos os dous centros educativos.

Nova COMPLETA: ENLACE

A data límite

para a presentaciónde poemas

é o 17 de maio ata ás 23:59 horas

 O martes 16 de abril unha unidade móbil de doazón de sangue estivo no recinto escolar do CEE de Panxón e do CPI Plurilingüe Arquiecto Palacios.

Os resultados:

Conseguiuse: 42 persoas pero non todas poideron doar por cuestións varias, doando en total 39 persoas.

A ver se o ano que ven rompemos o record

Prabéns a tod@s !!!!!

 

 

GRAZAS !!!!!

 

 

A comunidade educativa de Panxón (formada polo CPI Arquitecto Palacios, Escola Infantil As Dunas e CEE de Panxón) repite este martes 16 de abril a súa campaña solidaria de doazón de sangue co reto de acadar os 70 doantes, 11 máis que no 2023. Con este propósito, o Concello de Nigrán colabora para que mañá estea no recinto escolar (Camiño dos Lagos s/n) unha unidade móbil de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

Nova COMPLETA: ENLACE

 O martes 16 de abril unha unidade móbil de doazón de sangue estará no recinto escolar do CEE de Panxón e do CPI Plurilingüe Arquiecto Palacios, dende as 10:00 ata as 14:30 horas e de tarde dende as 16:00 a 21:00 horas.

A ver se rompemos o record do ano pasado

GRAZAS !!!!!

 

Quen pode doar sangue??

 

O Concello de Nigrán recibe ao alumnado de Francia de intercambio no CPI Plur. Arquitecto Palacios 

 

 O alcalde de Nigrán onte recibiu no Salón de Plenos do Concello ao alumnado de Francia actualmente en intercambio co CPI Arquitecto Palacios e aos seus anfitrións.

 

Nova COMPLETA: ENLACE

 

  

O alcalde de Nigrán recibiu onte no Salón de Plenos do Concello ao alumnado de Francia actualmente en intercambio co CPI Arquitecto Palacios e aos seus anfitrións. 

Nova COMPLETA: ENLACE

 

 

 



 

 

 

by Dr. Radut