-
Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración dos
proxectos educativos e curricular do centro e da programación xeral
anual. -
Aprobar e avalia-los proxectos curriculares e os aspectos docentes
da programación xeral anual, conforme ó proxecto educativo do centro. -
Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
-
Elixir ós seus representantes no Consello Escolar do instituto e no
consello directivo do centro de formación continuada do profesorado. -
Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellora-lo funcionamento do centro en calquera dos seus aspectos.
-
Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
-
Aprobar a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e calendario dos exames ou probas extraordinarias.
-
Analizar e valorar o rendemento escolar do centro mediante os
resultados das avaliacións e outros parámetros que se consideren
pertinentes. -
Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
-
Coordinar as funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas.
-
Analizar e valorar os resultados da avaliación que do centro realice
a Administración educativa ou calquera informe referente do centro.