Skip to Content

Claustro

 

  1. Elevar ó equipo directivo propostas para a elaboración dos
    proxectos educativos e curricular do centro e da programación xeral
    anual.
  2. Aprobar e avalia-los proxectos curriculares e os aspectos docentes
    da programación xeral anual, conforme ó proxecto educativo do centro.
  3. Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do profesorado do centro.
  4. Elixir ós seus representantes no Consello Escolar do instituto e no
    consello directivo do centro de formación continuada do profesorado.
  5. Propoñer todo tipo de iniciativas que tendan a mellora-lo funcionamento do centro en calquera dos seus aspectos.
  6. Aprobar os criterios pedagóxicos para a elaboración dos horarios dos alumnos.
  7. Aprobar a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e calendario dos exames ou probas extraordinarias.
  8. Analizar e valorar o rendemento escolar do centro mediante os
    resultados das avaliacións e outros parámetros que se consideren
    pertinentes.
  9. Coñecer as candidaturas á dirección e os programas presentados polos candidatos.
  10. Coordinar as funcións referentes a orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos e alumnas.
  11. Analizar e valorar os resultados da avaliación que do centro realice
    a Administración educativa ou calquera informe referente do centro.

 

Distribuir contido


 

 

 

by Dr. Radut