|
4 razóns para consumir froitas e verduras locais e de tempada en troques de produtos importados:
|
1. Consumir alimentos de tempada significa aproveitar todos os beneficios nutricionais
Os alimentos de cada estación responden a unha necesidade do corpo humano. No inverno, co frío e a falla de sol, o noso corpo reclama máis nutrimentos e vitamina C. |
2. Consumir alimentos de tempada é favorecer a produción local
Consume de tempada para favoreceres a produción local e para teres un menor impacto no planeta. |
3. Consumir alimentos locais e de tempada é protexer o medio ambiente
As froitas ou verduras fóra de tempada e importadas adoitan transportarse en avión ou en barco (produtos conxelados ou latas de conserva) e logo en camión, en condicións que permitan a súa conservación (refrixeración, ar acondicionado). Estes tres medios de transporte son moi contaminantes para o planeta. |
4. Consumir alimentos ecolóxicos, de tempada e locais é reducir o desproveito alimentario
O desproveito alimentario é unha das consecuencias graves do noso complexo sistema alimentario. |
Todo este material sacouse da seguinte páxina de GreenPeace: https://es.greenpeace.org/gl/frutas-verduras-temporada/ |