A Xunta abriu este martes o prazo para solicitar as axudas para libros de texto e material escolarDo 21 de maio ao 21 de xuño, as familias poderán realizar as súas peticións para o vindeiro curso nas axudas de libros, fondo solidario e bono de material. As medidas, que consolidan as melloras introducidas nos últimos anos, chegan ao 70% do alumnado en función da súa renda, axudando máis a quen máis o precisa |
Enlace: |
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024 (este incluído). |
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2024/25
Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
DOGA: https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0761-080524-000... Enlace da publicación en Edu.Xunta.Gal |
rematará o día 21 de xuño