Skip to Content

Maio 2017

2ESO-F-Q- Tipos de Enerxía - Fontes de enerxía

Tipos de Enerxía e Fontes de enerxía

Tipos de Enerxía

 

A Enerxía pode manifestarse de distintos xeitos: en forma de movemento (cinética), de posición (potencial), de calor, de electricidade, de radiacións electromagnéticas, etc. Según sea el proceso, a enerxía denomina leva a denominación de: 
  • Enerxía mecánica: potencial e cinética
  • Energía térmica

  • Energía eléctrica

  • Energía radiante

  • Energía química

  • Energía nuclear

 

Fontes de Enerxía

As Fontes de enerxía pódense separar en dous grupos, atendendo ao tempo que tarda en rexenerarse:

  • Fontes de enerxía renovabeis o alternativas
  • Fontes de enerxía non renovabeis, fósiles e convencionales

 

http://3.bp.blogspot.com/-Vh7RIskX0yY/TyqdPrOC9YI/AAAAAAAAAZQ/Qp6ovmAEHiM/s1600/fuentes.png

Pero antes de poderse converter en calor, frío, luz ou movemento, sofre transformacións máis ou menos complexas o que fai que parte de esa enerxía se perda e non se poida aproveitar na súa totalidade, como por exemplo: a enerxía química da gasolina que xenera calor e parte se emprega para mover os pistóns do coche e poder moverse pero unha grande parte se vai en forma de calor.

http://tiposdeenergia.info/wp-content/uploads/2012/08/cicloEnergia.png

 

4ESO-BX- Mitose e Meiose

Mitose

 

 

A mitose ou división do núcleo é o proceso polo cal os cromosomas duplicados se distribúen equitativamente entre as células fillas. É un proceso continuo que, para facilitar o seu estudo, se divide en cinco fases: profase, prometafase, metafase, anafase e telofase. Que as tedes resumidas no libro.


 


 

Meiose

A meiose é importante porque mantén constante o número de cromosomas da especie e xera variabilidade xenética.

 

Procesos que ocorren durante a meiose:
A: replicación do ADN na interfase;
B: 1ª división meiótica;
C: 2ª división meiótica.

A meiose é un tipo de división celular eucariótica, que comprende dúas divisións seguidas e ten como obxectivo a produción de células reprodutoras como gametos ou meioesporas (esporas orixinadas por meiose).

Prodúcese unha primeira división celular no que o número de cromosomas das células fillas xa é haploide, pero cada cromosoma ten dúas cromátides. A esta primeira división séguelle unha segunda que dá como resultado catro células cun número de cromosomas tamén haploide pero cunha soa cromátide por cromosoma.

A meiose é un tipo especial de división necesaria para a reprodución sexual. Nos animais a meiose orixina os gametos (espermatozoide e óvulo), noutros organismos pode producir esporas (meiosporas), como sucede, por exemplo, nos fungos e moitos protistas e plantas. Non obstante, hai que sinalar que os gametófitos de Pteridófitas (fentos) e Briófitas (carrizas), que xa son haploides, producen os gametos (tamén haploides) por mitose, e usan a meiose nos esporófitos para produciren esporas.

Antes de que comece a meiose, na fase S da interfase, os cromosomas celulares duplican o seu ADN, creando dúas cromátides irmás en cada cromosoma (en realidade son filamentos de cromatina polo momento). Este é o único momento en que hai síntese de ADN, xa que en toda a meiose non volve a haber máis síntese de ADN. Ao inicio da meiose os homólogos de orixe materna e paterna de cada par únense un con outro, polo que suman catro cromátides en total. Ao final da meiose os gametos levarán só unha desas cromátides de cada par de homólogos (é dicir, das catro cromátides que en total hai no par, os gametos só levan unha).

As fases que se presentan na meiose son:

Primeira división meiótica: profase I metafase I,  anafase I  e  telofase I

Segunda división meióita: profase II,  metafase II, anafase IIe telofase II.

 

Diferenzas coa mitose. Aínda que a meiose é aparentemente parecida á mitose, ambos os procesos difiren en catro importantes aspectos:

  • os cromosomas na meiose sofren unha recombinación que mestura os xenes dos cromosomas homólogos, producindo unha diferente combinación xenética en cada gameto, cousa que non ocorre na mitose.
  • na meiose teñen lugar dúas divisións celulares, na primeira sepáranse os homólogos en células distintas, e na segunda sepáranse as cromátides de que consta cada cromosoma en células distintas. Na mitose só hai unha división, que é moi parecida á segunda división meiótica.
  • a meiose orixina finalmente catro células fillas, mentres que a mitose só dúas.
  • as células fillas da meiose teñen a metade de cromosomas ca a célula proxenitora inicial, de modo que se esta era diploide, as células fillas son haploides (só teñen un homólogo de cada par de cromosomas). Na mitose as células fillas teñen o mesmo número de cromosomas ca a célula proxenitora inicial, de modo que se esta era diploide, as fillas son tamén diploides (neste caso nas células fillas están presentes os dous homólogos de cada par). No xa comentado caso dos gametófitos dos fentos e carrizas as células son haploides, polo que a mitose orixina células tamén haploides.

 

Durante a meiose I os cromosomas homólogos emparéllanse, realizan a recombinación xenética intercambiando segmentos, e sepáranse, producindo dúas células haploides (con n cromosomas), polo que a meiose I denomínase división reducional (R!), xa que se reduce o número de cromosomas á metade. No caso humano as células diploides teñen 46 cromosomas (2n=46), que forman 23 pares de cromosomas homólogos. As dúas células fillas da meiose I teñen 23 cromosomas (n=23), polo que son haploides, pero cada cromosoma ten dúas cromátides, polo que o número de cromátides nelas é en total 46.

 

 


 


 

RESUMINDO

  Mitose Meiose
Células Implicadas

Prodúcese nas células somáticas

Pode ocorrer en células haploides

ou diploides xa que os cromomas

homólogos non están emparellados.

Prodúcese SÓ nas células diploides, xa que

precisan que os cromosomas homólogos se

emparellen.

Número de divisións UNHA sóa división celular DÚAS divisións celulares
Na Anafase ...

... sepáranse CROMÁTIDES IRMÁS

ao dividirse os cent

 ... na primeira división sepáranse PARES de CROMOSOMAS

HOMÓLOGOS, non se dividen os centrómeros.

Na segunda divisíón sepáranse as cromátides e se dividen os

centrómeros

Entrecruzamento non se produce Prodúcese entre os cromosomas homólogos
Duración corta longa
Resultado

 DÚAS células fillas coa mesma información

xenética

CATRO células fillas (gametos) xenéticamente distintas entre elas e coa

mitade da informaicón xenética da célula nai (nas gónadas)

número de Cromosomas

células fillas

Diploide (2n)

Haploide (n)

Finalidade

Crecemento e renovación de células

e tecidos.

Continuidade da especie e aumento da variabilidade xenética

 

Image result for mitosis meiosis

 



 

 

 

by Dr. Radut