Imos calcular a temperatura de equilibrio (final) que resulta ao mesturar dúas cantidades do mesmo material a distinta temperatura. Pero antes un pouco de teoría:
- O calor é a enerxía que se transfire dun corpo a maior temperatura a outro de menor temperatura, e isto ocorre ata que acadan a mesma temperatura: Acadan o equilibrio térmico.
- A enexía interna é a cantidade de enerxía que ten un corpo e está relacionado coa temperatura (enerxía cinética media das moléculas), da cantidade de materia (a súa masa) e do tipo de substancia (unha magnitude física chamada Calor Específico).
- A ecuación que determina o Calor cedido ou absorbido é:
Calor = masa·Ce·(Tf-To)
onde Ce é o calor específico, Tf é a temperatura final e To é a temperatura inicial
Polo anterior exposto:
Calor cedido polo corpo quente = Calor gañado polo corpo frio
empregando ecuacións para o noso caso de materiais iguais:
masa quente · (Tqo-Te) = masa fria·(Te-Tfo)
onde Tqo e Tfo son a temperatura inicial da masa quente e da fría antes da mestura e Te é a temperatura no equilibrio.
Imos facer un exemplo:
"Mesturamos 300 g de auga a 50ºC con 200 g de auga a 20ºC. Cal é a temperatura final da mestura?"
Isto é moi fácil....
co cal temos 500 g de auga á 38ºC.