O alumnado de 4º ESO do CPI Plur. Arquitecto Palacios e outras persoas limpan o monte de Chandebrito | |
O pasado venres 4 de outubro o alumnado de 4° da ESO do noso centro e o do IES ValMiñor e Escolas Proval foron a un monte de Chandebrito arrincar eucaliptos. A actividade estivo organizada polo Concello de Nigrán e por unha asociación de protección do medioambiente. Estivo presente o alcalde de Nigrán e dous representantes da asociación medioambiental, que lle deu unha charla informativa ao alumnado antes de que empezasen a arrincar eucaliptos. Cando remataron déronlles botellíns de auga e froita para repoñer forzas. No bosque onde se arrincaron os eucaliptos van facer unha plantación de árbores autóctonas. Aproveitando a ocasión para recoller lixo e deixar o entorno o máis limpo e fermoso do que o atoparon. Hoxe domingo 13 faise a conmemoración do VII aniversario dos incendios que devastaron os montes das parroquias de Camos e Chandebrito (Faro de Vigo, Telemariñas e Val Miñor tv). Grazas a tod@s, así se cuida o que é noso en préstamo e que temos que legar aos que veñen trás nosa. |
|
ENLACES:
|