Skip to Content

III Certame de micropoemas Beatriz da Serra - Resultados

Ramón López Fernández

cartace completo

PREMIOS CATEGORÍA A PREMIOS CATEGORÍA B PREMIOS CATEGORÍA C

PRIMEIRO PREMIO

Xiana Costa González (5º EP)
CEIP Carlos Casares de Vilariño
Diversión
Penso en bailar,  
cantar, xogar...  
venme música á cabeza.  
Quero rir, correr,  
saltar...  
sentirme libre coma o vento.

 

PRIMEIRO PREMIO  


Luna Pérez Castro. (1º ESO)
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón
A túa alma  
O ceo está escuro  
e silandeiro.  
Rúas baleiras.  
Non queda ninguén.  
Nin un rastro,  
nin un alento.  
Só queda a túa alma,  
nesas rúas desertas.

PRIMEIRO PREMIO  


María Baqueiro Leyenda (2º Bacharelato)
IES Primeiro de Marzo
África convértese  
África convértese  
en anel para as mulleres que bailan;  
en xoguete para os nenos que rin;  
en alimento para os que sofren;  
en futuro para o que soña;  
en estupor para o que visita.  
Lugar de caos e de perfecta harmonía.  
Remuíño e quietude fusionados.

SEGUNDO PREMIO

Mateo Porto Covelo (6º EP)
CEIP Carlos Casares de Vilariño
Follas de Mil Cores  
Gústanme as follas,  
de mil cores ou máis.  
Gústame o outono,  
só iso e nada máis.  
Só iso e nada máis,  
saio para o meu xardín,  
miro o ceo de outono  
e os paxaros cantan para min.

SEGUNDO PREMIO


Brezo Verea Nieto (1º ESO)
IES Terra de Turonio  
Eu prefiro ser a nena  
que corre por estas lombas  
que monta no seu cabalo  
que chora se a provocan.
Eu non quero ser princesa  
quero ser unha amazona  
quero xogar coas amigas (amigos, amigues)  
quero voar coas gaivotas.

SEGUNDO PREMIO  


Marta Fernández Lestayo (2º Bacharelato)
IES Primeiro de Marzo
Mágoa  
Unha vez chorei  
chorei tanto,  
que as miñas bágoas  
saíron do meu corpo ata chegar ao teu.  
Unha vez chorei,  
por ti.  
Mais ti xa non estabas  
e agora xa non estou eu.

MENCIÓNS DO XURADO
Pola súa calidade, recoméndase a publicación dos seguintes poemas:  

Antía Gómez Cameselle(6º EP)
CEIP Chano Piñeiro
Non fixen o poema  
É a hora do almorzo
Acórdome de que teño que facer un poema.
Chega a hora do xantar.
Aínda non fixen o poema
Teño que facer un poema
E xa é a hora da cea.
Levántome o luns pola mañá,
acórdome de que teño que facer un poema.

Yaiza Diéguez Chamorro (6º EP)
CEIP Chano Piñeiro
O significado da música
Non sei o significado da música.
O único que sei
é que se toco o piano
póñenseme os pelos de punta.
Cando estudo a canción
todo me sae moito mellor,
alégraseme o día
amplíaseme o corazón.

 

Xiana Costa González (5º EP)
CEIP Carlos Casares de Vilariño
A primavera  
Xa chegou a primavera,
Con cheiro no ar.
Cantan os paxaros,
Teño ganas de bailar.
Xa chegou a primavera,
Corre a auga pola fonte
e mais a natureza polo monte.
Cantan os peixes na lagoa.

Laura Burgo Rosendo (6º EP)
CEIP Carlos Casares de Vilariño
Pesadelos
Non podo durmir.
Hai algo que me tortura.
Ten unha mensaxe para min,
mais non a logro descubrir.

MENCIÓNS DO XURADO
Pola súa calidade, recoméndase a publicación dos seguintes poemas:

 

Elena Taboada Fernández (1º ESO) IES Escolas Proval
Mentres o sol
Mentres o sol vai durmir
eu penso en soños negros,  
negros como as feridas  
das mulleres atrapadas.

 

Adriana Grandal Alonso (1º ESO) IES Escolas Proval
A chuvia
Ese silencio  
tanta tranquilidade  
incomprendida.


Inés Román Martínez (1º ESO)
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón
Ós que non están
Busco a túa sombra nos días de sol.  
Por favor, volve,  
grito polas noites  
con dor.  
Dende que te fuches  
son alguén sen cor,  
porque ti me pintabas,  
pintabas o meu corazón.

Mateo Lamas Muradás (1º ESO)
CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón
Galega  
Bule, corre, choia;  
non ten acougo,  
nin dentro nin fóra.  
Non descansa  
nin unha hora.  
Na casa, no choio;  
no campo, cos fillos.  
Nunca deixa de traballar.

Alejandra Carreira Mouriño (1º ESO) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios, Panxón
Plenitude
Ríos, lagos e mares  
vou asucando co meu barco.  
Sigo o meu camiño  
contemplando as estrelas.  
Sen saber a onde vou  
encontro o meu soño.  
O mar dáme a vida  
que antes non tiña.

Tania Pereira Montoya (3º ESO)
IES Escolas Proval
Aturuxo
Aturuxamos con forza  
para que escoite a xente  
que queremos igualdade  
para homes e mulleres.

MENCIÓNS DO XURADO
Pola súa calidade, recoméndase a publicación dos seguintes poemas:  

 

María Baqueiro Leyenda (2º Bacharelato)
IES Primeiro de Marzo
Engaiolada
Engaiolada en eternas soidades,  
baixo a tenue brisa da sabana  
do críptico continente africano.  
Sempre asoballa algo novo de África,  
entre o lóstrego e o trono,  
lugar no que todo cambia rapidamente  
como a materia que nos rodea,  
mais mantense nunha perpetuación inalterábel.

En África
En África cada home pertence a unha tribo,  
cada un observa a súa propia sombra transparente  
axexando aos seus perpetuos rivais,  
sempre alerta, eterna vixilancia.  

A natureza abafadora que os rodea
danza acorde coa usanza dos autóctonos;  
convive, pura, casta, inexplorada, inalterable,  
impenetrable.

 

Víctor Abelleira Silva (2º Bacharelato)
IES Primeiro de Marzo
Non sei
Non sei se son consciente,  
de como está actualmente a miña mente.  
Tampouco creo selo  
de como moitas veces mente,  
e se mostra opaca,  
como contraria a transparente.  
E ás veces crea unha pegada permanente,  
que quizais non se borre  
nin con quita esmalte, unllas ou dentes.

Dóenme
Dóenme.  
Todos e cada un dos factores, palabras,  
sentimentos, accións e pensamentos.  
Cada un dos puntos e comas,
e as frases que nunca cheguei a entender.  
Presinto que os pequenos detalles e demais  
non volverán aparecer,  
endexamais.

 

 

 



 

 

 

page | by Dr. Radut