Coordinación de Innovación e Formación do Profesorado
Esta institución educativa como centro de Formación Profesional está obrigada a dar unha resposta rápida e flexible ás demandas de formación do mercado laboral. A formación permanente das persoas encargadas da formación é un dereito e unha obriga, así como unha responsabilidade das institucións educativas.
Entre as funcións desta área do Departamento de Calidade están:
- Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas.
- Realizar o seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.
A Coordinación de Innovación e Formación do profesorado ten as seguintes funcións:
• Recoller as necesidades de formación do profesorado e realizar o plan anual de formación do profesorado de cada familia profesional do CIFP. (RO-CIFP, art.36-d).
• Programar, planificar e realizar o seguimento da formación específica para a actualización do profesorado das familias profesionais con representación no CIFP. (RO-CIFP, art.36e).
• Potenciar as accións formativas e a innovación, prioritariamente mediante o uso da aula multimedia en colaboración coa coordinación TIC.
• Potenciar as estadías formativas do profesorado de cada familia profesional nas empresas difundindo a convocatoria anual.
• Difundir entre o profesorado o plan anual de formación de FP e o plan xeral.
• Xestionar e avaliar as accións formativas internas.