CM Carpintaría e moble
- Grao: Medio (LOE).
- Duración: Dous cursos.
- Que título se obtén?: Técnico/a en carpintaría e moble.
Que se aprende a facer?
Fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento.
Para completar esta información descarga o seguinte documento: