Viveiro de empresas
Que son os viveiros de empresas?
Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha un proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia.
Que servizos ofrece un viveiro de empresas?
Todos os servizos que se ofrecen desde estes viveiros son gratuítos e serán os axeitados en cada unha das fases nas que se atope o proxecto.
Asesoramento
- Por parte do profesorado que imparte formación relacionada co sector.
- Do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do proxecto.
- Titoría polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación no proxecto.
Instalacións propias do viveiro.
Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro, á súa disposición no horario concordado co centro:
- Mobiliario básico propio dunha oficina.
- Equipos informáticos.
- Acceso a internet.
- Teléfono,fax, fotocopiadoras...
- Gastos xerados no mantemento xeral.
- Publicidade a través da páxina www.edu.xunta.es/fp
Quen pode acceder a un viveiro?
Poden acceder todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:
- Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: Formación Profesional, Artes plásticas e deseño; superiores de Deseño; de Conservación e restauración de bens culturais; de Arte Dramática; de Música; de Danza; Deportivas; Bacharelato e Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA).
- Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a).