Departamento de información e orientación profesional
O Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP A Xunqueira está constituído pola orientadora, un profesor/a por cada departamento de familia profesional e un membro do departamento de FOL. Dentro do departamento inclúese a Coordinación de Emprendemento.
O Departamento de Información e Orientación Profesional ten varias competencias atribuídas, entre elas elaborar as propostas de organización da orientación educativa e profesional, da acción titorial e da atención á diversidade do centro.
Ademais ten estas outras funcións:
-
Informar e orientar ás persoas que participen no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional dos itinerarios formativos e da formación ao longo da vida.
-
Motivar o alumnado e persoas cara as actividades de emprendemento.
-
Planificar a actividade dos viveiros de empresas, os espazos e recursos para a posta en marcha de proxectos de emprendemento.
-
Realizar estudos de inserción laboral do alumnado e de mercado de traballo.
-
Xestionar a bolsa de emprego do centro.
-
Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de información, orientación e titoría que realice o profesorado.
-
Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe, así como no diagnóstico, deseño e aplicación de medidas de atención á diversidade.
-
Contribuír a que a avaliación se axuste aos principios de continua, formativa e orientativa.
-
Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais.
No desenvolvemento das súas funcións, o departamento integrará a perspectiva de xénero.
Horario e Contacto | |
Novas | |
Información Xeral | |
Emprendemento | |
Bolsa de Emprego |