Curso Especialización Mantemento Vehículos Híbridos e Eléctricos
Os cursos de especialización teñen por obxecto completar as competencias das persoas que dispoñan xa dun título profesional para incorporar á formación do alumnado as últimas innovacións que se produzan no sistema produtivo.
O noso CIFP oferta o curso de especialización "Mantemento de vehículos híbridos e eléctricos" destinado a alumnado que xa posúa algún dos seguintes títulos de grao medio: Electromecánica de vehículos automóbiles, Electromecánica de maquinaria, Mantemento de material rodante ferroviario.
Ten unha duración de 650 horas e coa finalidade de facilitar a formación de persoas traballadoras ou con cargas familiares, os cursos de especialización impartiranse en horario de tarde e noite durante un único curso académico.
Prazo de admisión (solicitude): según calendario. A solicitude de admisión farase a través da aplicación informática ciclosadmision
Unha vez publicada a listaxe de admisión, teredes que formalizar a matrícula (consulta o calendario)
Consulta o perfil profesional e o currículo no arquivo xunto.
Podes consultar toda a información en www.edu.xunta.es/fp