CS Deseño e Amoblamento
- Grao: Superior (LOE).
- Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario). Horario de tarde
- Que título se obtén?: Técnico/a superior en deseño e amoblamento.
Que se aprende a facer?
Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.
En que ámbitos se traballa?
No sector da produción e a instación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amobalmento e montaxe de instalacións.
Ocupacións e postos de traballo máis relevantes
Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira, moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, en cargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controla dor/ora de produción, xefe/a de sección, xefe/a de equipo
Para completar esta información descarga o seguinte documento: