You are hereBlogues

Blogues


Proxectos integrados do ciclo superior de anatomía patolóxica

O alumnado de 2º curso do ciclo superior de anatomía patolóxica está a traballar nos seguintes proxectos, que podedes visitar seguindo a ligazón correspondente:

Concurso concesión do servizo de cafetería

Faise exposición pública do Concurso concesión do servizo de cafetería.

O prazo para presentar os proxectos será o comprendido entre o día 8 e as 14 horas do día 22 de xuño.

Bases do concurso

 

Aviso para a recollida de títulos

Infórmase de que xa se poden recoller, na secretaría do centro,  os títulos solicitados ata o curso académico 2011/2012.

Na ligazón "Secretaría" do menú lateral, está dispoñible un modelo para autorizar a súa recollida, no caso de que a persoa titular queira delegar noutra persoa.

Debate: A liberdade de expresión ten límites?

Coincidindo coa celebración do día da Paz, o 30 de xaneiro de 2015, a comunidade educativa do IES Montecelo participou nunha xornada de reflexión sobre as ferramentas necesarias para acadar a paz, a través dunha charla-coloquio coa temática “A liberdade de expresión, ten límites?”.

Na mesa, integrada por profesores/as (Mar Gómez, orientadora do centro; Angeles Jar, responsable de biblioteca e Francisco Tobio, xefe do departamento de Sanidade) e alumnos/as (Martiño Montero, do 1º curso CM Impresión; Mª Luisa Rey, do 2º curso CM Farmacia e Tamara Aguiar, Juan Fernández, Vanesa Gómez e Laura Martínez, do 1º curso CM Farmacia), analizouse a paz como un dereito fundamental do individuo e a súa vinculación con outros dereitos, como o dereito á liberdade de expresión.