You are hereBlogues

Blogues


Recollida de títulos

Infórmase que están dispoñibles os títulos académicos do alumnado que rematou os estudos e fixo o depósito de título no ano 2013.

Visita a empresas do sector gráfico

O alumnado do ciclo medio de Preimpresión dixital visitou dúas empresas do sector das artes gráficas: Uniter e Tórculo o luns 29 de febreiro.

III Encontro Gráfico

En media hora comeza a III edición dos "Encontros Gráficos" no salón de actos do centro cos ponentes Daniel Rodríguez e Per Rueda.

Colaboración da FP básica de Agroxardinería co proxecto europeo ECONewFarmers

Alumnos do FPB de Agroxardinería e composicións florais testearán os contidos e ferramentas dun curso de formación e-learning de Introdución á Agricultura Ecolóxica.

ECONewFarmers é un proxecto pertencente ao Programa Lifelong Learning da Unión Europea que é impulsado polo Instituto Politécnico de Viseu (Portugal) e universidades e entidades de promoción da agricultura ecolóxica de Hungría, Eslovaquia, Reino Unido, Italia, Turquía e España.

 

 

Charla de educación vial

O luns 29 de febreiro, o noso alumnado de FP básica recibe unha charla de educación vial grazas á colaboración da policía local de Pontevedra.

V Xornadas de Primeiros Auxilios

A semana do 22 ao 26 de febreiro, o alumnado que cursa 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, coordinados polo docente Paco Tobío, imparte charlas de primeiros auxilios para amosar os coñecementos adquiridos no módulo “Primeiros Auxilios” ao resto de alumnado do centro. 

Entroido 2016

O venres 5 de febreiro celebramos o entroido "Indios e vaqueiros" a partir das 12.20 horas. Haberá concurso de disfraces, concurso de repostería e concurso de karaoke.

 

 

Ponencia sobre tratamentos farmacéuticos

O mércores 20 de xaneiro, o alumnado do ciclo formativo de Farmacia e Parafarmacia asiste a unha ponencia sobre tratamentos anticelulíticos impartida por laboratorios Klorane.