Publicación das listaxes de persoas con praza adxudicada e de persoas en espera para proxectos de formación profesional dual para o curso 2023-2024.
Para máis información pinche no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fp/fpdual-convocatoria-2023-listaxes-prazas-adxudicadas
As persoas con praza adxudicada deberán matricularse presencialmente no centro adxudicado antes do día 26 de xullo ás 13:00 horas. No momento de matrícula deberase presentar:
- Dúas fotos tamaño carnet co nome escrito pola parte traseira
- Fotocopia do DNI
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- Certificación académica dos estudos cos que accede ao ciclo
- No caso de alumnos/-as menores de 28 anos, resgardo de ter pagado o seguro escolar (1,12€), onde apareza o nome do alumno/-a que se está a matricular no seguinte número de conta:
ES91 0238 8277 4006 6000 0271
- Modelo de matrícula cuberto (descargar arquivo adxunto)
PRAZAS LIBERADAS FP DUAL
Aquelas persoas que desexen matricularse nas prazas liberadas poderán facelo presencialmente no centro a partir do 27 de xullo.
Para máis información pode porse en contacto en cifp.granxa@edu.xunta.gal